
A actividade, organizada pola Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño, terá lugar o día 3 de novembro ás 17.30 horas no Auditorio de Goián
O recoñecido pediatra catalán Adolfo Gómez Papí, autor do libro “El poder de las caricias. Crecer sin lágrimas”, ofrecerá unha conferencia sobre o mesmo tema o vindeiro día mércores 3 de novembro, no Auditorio de Goián, a partir das 17.30 horas..
O autor do nomeado volume falará na súa conferencia sobre o vínculo afectivo, a relación de apego, a importancia do aleitamento materno e as formas de crianza; aspectos todos eles que aborda no libro dende unha perspectiva humanizada.
A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza esta actividade con motivo de ofrecer apoio a nais e pais na crianza e educación dos seus fillos e fillas, coincidindo ademais coa clausura da Semana Mundial do Aleitamento Materno.
A alcaldesa de Tomiño e directora da Oficina de Igualdade, Sandra González, manifestou o interese deste departamento en fomentar a lactancia materna e salientou neste sentido a importancia de coñecer o traballo de recoñecidos profesionais que poden axudar moito a nais e pais na difícil tarefa da crianza. Adolfo Gómez Papi, nado en Barcelona en 1957, estudou medicina na Universidade Central de Barcelona especializándose en pediatría no Hospital de la Vall de Hebrón. En 1985 trasladouse a Tarragona onde formou parte do servizo de pediatría do Hospital Universitario Joan XXIII. Coordinador da Comisión de Lactancia Materna do hospital, contribuiu a que en 1997 a institución obtivera o galardón de “Hospital Amigo de los Niños”, por promocionar, promover e apoiar a lactancia materna, e traballa para que o hospital sexa pioneiro en España na práctica do Método da Nai Canguro. Exerce tamén como vogal do Comité de Lactancia Materna da Asociación Española de Pediatría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario