BUENAVENTURA LOMBA NÚÑEZ, DO GRUPO MUNICIPAL TEGA / INICIATIVA VECIÑAL TOMOU POSESIÓN COMO CONCELLEIRO
Fai uns días, Lomba Núñez presentou un escrito no Concello de A Guarda subliñando: "Solicito que o que me corresponda percibir por asistencias a plenos, comisións de urbanismo e padroado sean doadas a Asociación Avelaiña".

A Corporación Municipal do Concello de A Guarda celebrou onte venres, ás 20 horas, sesión Ordinaria do Concello Pleno, o derradeiro da presente anualidade, na que se trataron os seguintes puntos da Orde do Día:
1º.- Toma de posesión do concelleiro Buenaventura Lomba Nuñez.
2º.- Aprobación acta sesión anterior (01/10/2010).
3º.- Dar conta de Decretos.
4º.- Dar conta dos membros das Comisións Informativas e Padroado.
5º.- Proposta modificación convenio suministro de auga coa Entidade Local Menor de Camposancos.
6º.- Modificación ordenanza reguladora dos prezos públicos das instalacións deportivas e piscina cuberta do concello de A Guarda.
7º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2010.
8º.- Transferencia de crédito 49/2010.
9º.- Mocións do BNG, demandando atención e servicios de calidade na sanidade pública; sobre o completo desenvolvemento da Lei 11/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero; sobre a devolución do canon dixital, e para garantir os investimentos no ensino público.
10.- Rogos e Preguntas.