miércoles, 17 de noviembre de 2010

BAIXO MIÑO

O BNG esíxelle a Xunta de Galicia a creación dunha lonxa fluvial no Rio Miño




Bieito Alonso -deputado do BNG no Parlamento Galego- e Xosé Manuel Méndez -Responsábel Comarcal do BNG reunidos con representantes dos pescadores do río.



O portavoz de pesca do BNG no Parlamento Galego,Bieito Lobeira, pregunta na comisión de pesca cando Portos de Galiza vai poñer a funcionar a Lonxa Fluvial no rio Miño. Na súa argumentación o deputado nacionalista recorda que “vai para sete meses que o presidente de Portos de Galiza se comprometía solemne e publicamente a posta en marcha desta infraestrutura. Sete meses despois non existen indicios que permitan confirmar o inicio xa non das obras senón do proceso administrativo previo. Tampouco existe ningunha partida destinada a este fin nos Orzamentos da Xunta para o ano 2011”.

Para o BNG o máis grave posibelmente sexa a negativa expresa do Ente Público Portos de Galiza a que o Concello de Tomiño puidera levar adiante esta actuación con fondos do propio Concello para lle dar satisfación as necesidades do colectivo de pescadores do río Miño. Esto demostra que o goberno do Partido Popular nin fai, nin deixa facer.

A creación dunha lonxa fluvial como demanda o sector de pescadores do rio Miño contribuiría de xeito notábel a visibilizar e centralizar a producción e comercialización de, nomeadamente, a lamprea e o meixón. Incrementaría a marxe de beneficios para os pescadores e permitiría establecer procesos de trazabilidade e mesmo da identificación da orixe e promoción comercial do peixe capturado no Miño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario