sábado, 13 de noviembre de 2010

CUBA

CEMITERIO COLÓN DA HABANA

A máis sorprendente necrópole do mundo construída por un galego

Tini Andrés Álvarez / A Habana


A Habana é unha desas cidades donde a cada paso pódense descubrir obras de arte de valor. Unha delas é o cemiterio de C. Colón considerado por moitos especialistas como a mais sorprendente necrópolis do mundo pola beleza das suas construccions, mausoleos, evidentes mostras espirituais e materiais dos cubanos de manifestar o seu amor os seres queridos, héroes e defensores da patria.

En xuño de 1871 colocouse a primeira pedra do cemiterio Colón da Habana.
O antigo cemiterio de Espada fíxose pequeño, o crecimento demográfico, económico, social e cultural da cidade levou a que no Vedado se levantase un novo, chamado así porque ían ser trasladados a el os restos do almirante, que finalmente pasaron da catedral habaneira a Sevilla.
Cando se publicou a convocatoria do concurso participaron moitos arquitectos. O premio eran mil escudos, e o gañador, ademáis, dirixiría as obras.
Entre os concursantes estaba o mozo galego Calixto Aureliano de Loira y Cardoso, que naceu en Ferrol en 1840 e emigrou a Cuba sendo neno, en compañía dos seus pais.
Loira comezara a estudar Náutica. Fixo dúas viaxes como grumete pero, debido a unha doenza ocular, abandonou a carreira.


Seguiu logo a de Arquitectura, que rematou en Madrid. Regresou a Cuba e traballou en varias obras co célebre arquitecto Francisco Albear.
Presentou o seu proxecto para o novo cemiterio cun lema en latín que dicía que a pálida morte entra igual na choza do pobre que no pazo do rei. Gañou o concurso.
Comezaron as obras, dirixidas por Loira, que as visitaba cada mañá. Todo marchaba ben. E o novo arquitecto sentíase moi satisfeito.
Cando rematou a construcción da catacumba ou galería subterránea denominada de Tobías exclamaou ante os traballadores: “Qué bien ha quedado. Casi me gustaría morirme para ser enterrado aquí”.
Era un eloxio sinceiro, unha expresión de alegría. Pero velaquí que o dito se converteu en feito. Aos poucos días Calixto Loira morreu de febre amarela, e resulta curioso consignar que foi o primeiro mortal enterrado na nova necrópole.
Acababa de cumplir 31 anos.

A monumental necrópole Colón ten unha extensión de 55 hectáreas, e un nº de tumbas – dous millóns – similar o da poboación da cidade habaneira.
Os monumentos son de estilos arquitectónicos moi diversos: ecléctico, románico, gótico, griego, egipcio, militar, renacentista, neoclásico, art nouveau, art decó, racionalista e moderno.

A obra finou en 1886, integrada por un muro perimetral, situación vial do arboado, portadas de acceso, edificios administrativos e capela central, cuia distribución urbanística recorda un campo militar, co “mondus” ó centro e a forma dunha gran cruz acompañada por outras catro secundarias.




Destaca a porta de entrada, coñecida como “Puerta de la Paz”, un hermoso arco de triunfo, ecléctico, que se divide en tres accesos e remata nunha pirámide truncada na que descansa o conxunto escultórico de mármore coas tres virtudes.

Nada mais traspasar a entrada, a man esquerda atopase a tumba do escritor Alejo Carpentier, escritor universal.
Seguindo pola Avenida central vemos a capela, que contén frescos do pintor cubano Miguel Melero, en moi pertiño o monumento en marmore dos Pacientes da Familia Real Española.
A escultura está firmada por P. Costa quen a realizou en Florencia en 1870.Este é un dos mais hermosos ejemplos do romanticismo escultórico que prevalece neste cemiterio.



Perto da entrada pódese contratar o servicio dun/dunha guía, que nos amenice o longo percorrido, nos leve a visitar as tumbas mais importantes e nos conte historias e lendas arredor delas.

Son moitas as historias e lendas:


LA MILAGROSA
E a tumba de Amelia Goyri de la Hoz, que morreu xunto coa filla o traela o mundo, cando soio tiña 24 anos. Seguindo a costume da época, foron enterradas xuntas. Según a lenda popular a tumba foi aberta alguns anos despois atopandose o Corpo da nai intacto coa criatura en brazos.
Este “milagre” e o feito de que o seu home visitara a tumba todolos días e nunca lle dera as costas, convirtíu a Ameliaen símbolo do amor das nais e protectora de embarazadas e recen nacidos.
A tumba é un lugar de pererinación pras embarazadas, que piden a sua bendición sin darlle as costas a tumba.
A estatua, do 1909, é obra de José Villalta Saavedra.


CATALINA LASA
Neste mausoleo de arte moderno repousan os restos dunha muller que viviría un dos amores mais apasionados da historia e que pasaría a historia do país.
Catarina era esposa de Pedro Luís Estévez, primeiro vicepresidente da recen nacida república. Pero non foi este o amor que trascendeu, senon o que mantivo con J. Pedro Baró riquísimo terrateniente cubano. A sociedada época non aceptou este amor e optaron por exiliarse a Europa a esperar a que escampara.
Ali, lograron que o Papa anulara os seus respectivos matrimonios anteriores para poder formalizar de novo o seu.
Co paso dos anos, voltaron a Cuba. Foron aceptados a medias. O fin e o cabo era un dos homes mais ricos do país.
A actual “Casa de la Amistad” da Habana foi a mansión que Baró construiu para Catalina. Contan que un día a meirande parte de persoeiros recibíu uns regalos extraordinarios coa invitación a unha festa que se celebraría na casa da que hasta ese momento non se coñecia o dono. E alí atopáronse coa parexa que os recibíu. O amor destes dous personaxes marcou a historia de Cuba: A parexa conseguíu que en 1921 o presidente da república Mario García Menocal aprobara a ley de divorcio.

Catarina faleceu durante unha visita a Francia en 1930 e J. Pedro mandou construir este rexio monumento na rúa principal da necrópole. Mandou tallar, na cúpula do panteón, ao famoso cristaleiro francés René Lalique, unha rosa de cuarzo que en determiñado momento do día, é proxectada pola luz solar sobre a lousa da tumba de Catarina Lasa.

Baró sobrevivíu a sua amada 21 anos e a súa morte foi enterrado xunto da sua amada para seguidamente quedar clausurado o monumento.

A LOS BOMBEROS CAIDOS
Xusto enfrente da tumba de Catarina Lasa, atópase este monumento, obra dos españois Augusto Querol e Xulio Zapata, foi inaugurado en 1897, dedicado os bombeiros e españois mortos no incendio da ferretería Isasi en 1890.
Este monumento está no centro das rivalidades entre os cubanos, que xa pretendían a emancipación política e económica, e a colonia española.

A causa do conflicto, que orixinou a longa construcción do mausoleo de maior altura do cimeterio, foi a construcción de outro monumento adicado a memoria dos xovenes estudiantes de mediciña condenados a fusilamento en 1871, polo suposto delito de haber ultraxado a tumba dun connotado colonialista.

A igrexa católica fixo trasladar os restos dos fusilados o monumento construido por suscripción popular, pois xa era un clamor a inxustiza que se cometera cos estudantes e o pobo cubano desecaba ardar noblemente os seus restos. Así quedou erixido, en 1889, o expléndido monumento a inocencia que constituye o mellor homenaxe os 8 estudantes de mediciña fusilados pola prepotencia colonial.

A soberbia española sentíuse desafiada.
O acaudalado peninsular José Gener y Batet, Capitán de voluntarios da colonia, tomou a iniciativa, e a sua capela que era de pedra de cantería, peoulle catorce estatuas esculpidas en marmore blanco de Carrara e outros ornamentos. Aquél home, que había sido membro do xurado que dictara sentencia contra os 8 xovenes, pidíu o apoio o oberno da illa para levantar un mausoleo que opacara a beleza do mausoleo cubano.
A metrópole concedeullo e procedeuse a construcción aunque todavía carecían de falecidos a quen adicarlle a obra.
Atopárona nas 28 víctimas do incendio na ferretería de Isasi en mayo de 1890. Xa tiñan pretexto exacto para levar, a parcela regalada polo bispado, na zona mais privilegiada do cemiterio, toneladas de mármoles, finalmente esculpidos que casi tocaban o ceu.
A xente da Habana vio heroicidade na forma de morrer daqueles homes e aportou cartos para inmortalizalos, aunque non comprenderan que eses mesmos bombeiros, eran utilizados en realidade, para demostrar cuánto poder poseía a colonia española no país.
Tanta importancia tiñan aqueles mortos que o Capitán Xeral da Illa de Cuba, Valeriano Weyler foi a Necrópole a despedilos o 22 de xullo de 1897. E a deixar inaugurada a mais aplastante obra de todo o camposanto habaneiro.


RINTI
E famosa a “Tumba del perrito”. Coñecida desta maneira pola fiura de marmore dun canciño descansando os pes de donde repousa para sempre o seu antigo amo. O home, dono do animaliño, faleceu, pero o can seguíu necesitando o seu agarimo e compaña a tal punto, que ía todolos días o cemiterio e botabase agochado na tumba do seu dono. O pouco tempo o can tamén morreu e os herdeiros do amo, non soio mandaron construir a escultura do can dormido na parte baixa do leito mortuorio, senon que lle construiron a sua propia tumba ó lado da do home que habia demostrado durante a sua vida polo amor do animal.

O cemiterio é un gran museo o aire libre, onde se atopan sepulcros de grandes personalidades cubanas é extranxeiras. Os monumentos, panteons, capelas e esculturas son de gran relevancia, tales como :
- Tumba do Xeneralísimo Máximo Gómez
- Panteón de Falla Bonet

Pirámide truncada de granito gris con unha estatua de Xesucristo do escultor español Benlliure.
“La Piedad” de Rita Longa
Fermoso baixorelieve de bronce, que adorna a tumba, en mármore negro, da familia Aguilera, construida en 1950.


“Fuerzas Armadas Revolucionarias”. Nel repousan os herois das forzas Armadas.
“Capilla de los emigrados de Ortigueira”

“Mártires del asalto al palacio presidencial”

E moitísimas mais:
Monumentos os emigrados Cubanos
Panteón da Sociedade Benéfica dos Naturais de Asturias.
Panteon dos Becarios do Goberno Revolucionario
Panteón dos deportistas cubanos
Monumento as Víctimas Cubanas da 2ª G. Mundial.
Panteón dos Peloteiros.
Monumentos ós Mártires da Expedición do Granma
Panteón da Lexión Americana

SÍMBOLOS MASÓNS NO CIMETERIO COLÓN
Para quen teña curiosidade, recomendo a lectura do traballo que pode atopar
neste enderezo.
A quén viaxe a Habana, recoméndolle que se achegue a necrópole Colón, e que contrate o servizo dun guía para facer o percorrido.
Os especialistas sitúano como 3º en importancia mundial, precedido por os de Stalieno, en Génova, e o de Montjuic en Barcelona.

4 comentarios:

  1. Ricardo Rodríguez Vicente13 de noviembre de 2010, 10:38

    Parabens Tini por esa magnífica reportaxe.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Ricardo: ¡¡¡Cantos galegos polo mundo que merecerían recoñecemento!!!.
    Tanto Cuba, como Arxentina, México e tantos outros paises americanos, permitiron que os nosos emigrantes fosen desenrolándose, uns mais ca outros, sen botalos fora cuando o traballo afrouxaba...
    ¡¡¡Qué desmemoria, que agora queren resposabilizar os que viñeron o noso país facendo o que moitos dos galegos fixeron noutrora alén do mar...!!!

    ResponderEliminar
  3. Ricardo, respondinte como anonimo porque se poño o meu nome aparece un campo que me pide a URL e non sei que por. E se escollo "anonimo" ó seleccionar perfil deiame mandar a mensaxe.

    ResponderEliminar