A ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES CONMEMOROU ONTE O DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA VIARIA
Stop Accidentes recrama o cumplimento íntegro das penas por delitos de tráfego


Jeanne Picard Mahaut no escomenzo da lectura do manifesto
O Pazo de Bendaña acolleu onte o Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria, no que se deron cita familias afectadas chegadas de toda Galicia, quen cos seus nenos e nenas participaron nas diferentes actividades. O acto, organizado pola Asociación de Axuda e Orientación aos Accidentes de Tráfico Stop Accidentes e o Concello de Santiago, contou coa presenza da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e representantes dos servizos básicos de seguridade, como a Policía Local, o 061, Bombeiros, Protección Civil e Garda Civil.
A presidenta de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard Mahaut, leu o manifesto, recordando que cada ano máis de 1.300.000 persoas morren no mundo en sinistros de tráfico e máis de 50 millóns sofren traumatismos. Jeanne Picard comentou que en España se conseguiu reducir as cifras de accidentabilidade con medidas como o permiso por puntos e o cambio do Código Penal. Pero engadiu que «falta educación e concienciación a nivel da sociedade».
Antonio José Uris Alonso continuaría á lectura do manifesto en presenza de Jeanne Picard e outras representacións
A presidenta de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard Mahaut, leu o manifesto, recordando que cada ano máis de 1.300.000 persoas morren no mundo en sinistros de tráfico e máis de 50 millóns sofren traumatismos. Jeanne Picard comentou que en España se conseguiu reducir as cifras de accidentabilidade con medidas como o permiso por puntos e o cambio do Código Penal. Pero engadiu que «falta educación e concienciación a nivel da sociedade».

Stop Accidentes non acepta que os sinistros de tráfico sigan sendo a primeira causa de morte da mocidade, nin que os atropelos estean aumentando, polo que esixe «acougar o tráfico na cidade». Tamén pide que se cumpran íntegramente todas as penas que se impoñan», así como que se modifiquen urxentemente os baremos» de indemnización e que se cren «oficinas de atención para a información ás vítimas de accidentes de tráfico». «Non queremos que a xente vaia ao cárcere, pero si que se reeduque», matizou Jeanne Picard, quen está visitando os cárceres para dar cursos de reinserción a quen cumpren condenas por delitos de tráfico. Picard referiuse a cuestións como o Noitebús que, dixo, «non o podemos suprimir». Considera que «hai que buscar unha solución entre todos, en que todo o mundo involúcrese e de xeito especial o sector do lecer, que está gañando moito diñeiro vendendo alcol».
Monitoras e cativos no decurso das actividades que tiveron lugar no decurso da xornada en lembranza das vítimas da violencia viaria

COMENTARIOS DE LOS LECTORES DE INFOGAUDA
Pongamos fin a una lacra de accidentes que en 15 días se ha podido cobrar la vida de unas 30 personas, especial mencion al día 13 de Noviembre en el cual yo fuí una de las accidentadas ya que el coche me hizo un trompo y me empotré contra la mediana e iba a una velocidad de unos 60 kms hora y con mi hija de 5 años, para nada iba con exceso de velocidad, en menos de 5 minutos veo venir hacia mi coche un todoterreno y porque Dios no quiso no se empotró con mi coche sino habría una desgarcia mayor con niños menores de 5 años. Se han producido 3 accidentes en el mismo sentido sufriendo heridas de mayor o menor gravedad 3 menores de 5 años que convenientemente iban en sus sillas de seguridad, pero señores políticos, señores de Fomento, si no ponen mayor hincapie en el mejorado de la vía de Puxeiros, cualquier día tendrán que dar disculpas a la familia de un fallecido, eviten eso, poniendo soluciones antes, so querrán ser los responsables por su pasividad de una muerte que posiblemente se pudiera evitar. Por favor necesito ponerme en contacto con accidentados de estos días, mi correo es hadavigo@hotmail.com, y tambien quiero dar las gracias a toda la gente que nos ayudó a mi y a mi hija en el accidente.
Muchas gracias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario