O ROSALEIRO JOSÉ BENITO GUERREIRO ALONSO PARTICIPARÁ NO PROGRAMA ACTUALIZAD@S DA TVG

O sábado 27 de novembro as 22:00 h., o protagonista da nosa aventura estará presente no programa da TVG Actualizad@s nun monográfico titulado “A Pedais”.
Actualizad@s é un espazo divulgativo que reflicte a realidade variada de Galicia a través da vida cotiá de galegos e galegas (de toda idade e condición) que teñen cousas que contar.
Este programa afonda nos contidos xornalísticos á procura de cidadáns anónimos que aproveitan a súa existencia con paixón nos ámbitos cotiáns en que se desenvolven.
No mesmo, un equipo de cinco reporteiros barre Galicia na procura desas historias anónimas marabillosas, que transcorren á marxe dos focos da "actualidade", e constitúen un retabro singular deses "heroes locais da vida cotiá" dos que falaba Torrente Ballester.
Está claro que Benito Guerreiro encaixa a perfección na filosofía deste programa e, polo tanto, non podía faltar.
No programa do vindeiro 27 de novembro serán varios protagonistas os que estén presentes: o movemento cívico "Masa Crítica", un rapaz totalmente entregado a ser ciclista profesional, un grupo de vellos da Terra Chá que non baixan da bici para calquera dos seus desprazamentos, un tamdem paraolímpico con cego, un profesor de 60 anos que tampouco baixa da bici e Benito Guerreiro, que na primaveira-verán do ano 2007 recorreu en bicicleta tódo-los concellos de Galicia nunha apasionante viaxe de 72 días e casi 6.000 Km en solitario.
A reportaxe na que sairá Benito Guerreiro foi rodada o pasado 3 de novembro.
A grabación empezou a media mañán coa proxección do documental Anacos..., un grupo de alumnos do Colexio Manuel Suárez Marquier, de O Rosal.
A proxección de Anacos… baseada na aventura en bicicleta que Benito Guerreiro fixo no ano 2007 foi o momento máis emotivo da xornada e despertou as risas e a curiosidade dos pequenos.
A rodaxe continuou ó largo de todo o día en diversos recunchos do antigo Concello da Foz do Miño, na actualidade concellos de A Guarda e O Rosal.
O longo do documental Benito levaranos a diferentes recunchos da nosa terra e compartirá con nós as súas reflexións e os momentos máis inesquecibles da súa viaxe por Galicia e rematará súa intervención sulcando as augas do Pai Miño na súa planeadora, faendo unha pequena introducción do que será o seu novo proxecto.
Outro dos protagonistas será Lola, a nai de Benito, que tamén estivo presente na rodaxe contando o que significou para a familia a aventura da Volta a Galicia en Bicicleta e contarános, como non podía ser doutro xeito, a súa relación coas bicicletas na sua infancia.
Porque a bicicleta, para muita xente, é unha filosofía de vida. Poderemos comprobalo o sábado 27 de novembro as 10 da noite na TVG no programa Actualizad@s no seu monográfico “A Pedais”.
Esperamos que vos guste.

Equipo de producción de Avoltascoscontos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario