
- A formación de esquerdas afirma que Miguel Angel Español Otero debera salva-la honra cumplindo ca obriga de dar explicacións e xistificar súa xestión

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Toda a cidadanía sabe que a Comisión da festa do monte Trega, recibe unha cativa subvención do Concello. Dende que a festa está controlada e dirixida polo PSOE e Asociación Pedra Furada a día de hoxe os que presumen de transparencia, honestidade, tolerancia, talante, economía sostible, etc..., non deron contas a cidadanía guardesa.
¿Canto tempo seguirán esperando os Guardeses para conhecer as contas da mencionada festa?. A Comisión, e principalmente seu responsable Miguel Ángel Español Otero, deberían salva-la honra cumprindo ca obriga de dar explicacións e xustificar súa xestión.
DENDE EU SOLICITAMOS:
Que a Comisión de Goberno tome as medidas axeitadas para que a Asociación Pedra Furada e seu Presidente, fagan públicas as contas e sexan publicadas no libro da mencionada festa e boletín B.I.G.
A Guarda a 11/11/2010
O teu veciño, o Alcalde, cres que che vai contestar? Non o vai facer, pois ese costume non a vai perder, ten: "a calada por resposta"
ResponderEliminarEsas contas das "Festas do Monte" dubido moito que as cheguen a ver a luz, pois cos anos que levan na comisión e: "non" hai "forma de que as presenten". Onde está a transparencia? Que razón terán para non as presentar? Hai que seguir esperando SENTADOS a ver se temos sorte e...
E o "historiador da cuadrilla" xa terá preparado o resumo para que quede escrito nos libros o labor da Pedra Furada" témome que esa historia non vai quedar escrita do seu puño.
Deixo este enlace por se se animan e fan o mesmo:
http://www.dipualba.es/municipios/higueruela/aminguez/2010/2010_comision_cuentas.html