sábado, 20 de noviembre de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN ANTIBELICISTA


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:
A OTAN foi creada en 1949 e a estrutura militar en 1950, para nos esta organización non ten razón de existir e os actuais gobernantes utilizan esta organización fora de Europa incumprindo a lei, e os dereitos humáns.
Estes días 19 e 20/11/2010 en Portugal, na cidade de Lisboa os imperialistas tomarán a decisión da nova estratexia, baseada na chamada “operación liberdade duradeira”. A OTAN é o instrumento para que os Gobernos ante o futuro incerto e preocupante, defendan o capital salvaxe, tendo o novo regulamento usárano para invadir, saquear os recursos naturais en calquera parte do mundo.

Desgraciadamente as guerras non desaparecen, estando moi preto de novas guerras e conflitos, seguen aumentando os arsenais de armas nucleares, aumento de venta de armas, temos os conflitos de Afganistán, Iraq, Irán, Marrocos,Palestina, Colombia, Venezuela, Sri Lanka, …etc.

Para Esquerda Unida o senhor ZP esqueceuse das alianzas das civilizacións, polo tanto é un gobernante contrario a Paz. En 2009 ZP, autorizou a venda de armamento por un valor de 1.300 millóns de €, aumentando a exportación en 44% mais que no ano 2008.

Dende Esquerda Unida de A Guarda solicitamos:

Que tódolos Gobernos do mundo se desfagan do armamento nuclear.
Eliminación da organización OTAN.
Retirada de tódolos militares dos países que están invadidos.
Eliminación das bases militares.
Que os invasores corran cos gastos da recuperación dos países invadidos.
Prohibición da venda de armas.
Que os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e as Cortes Xerais.

A Guarda 20 de novembro do ano 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario