viernes, 26 de noviembre de 2010

A GUARDA

BUENAVENTURA LOMBA NÚÑEZ, DO GRUPO MUNICIPAL TEGA / INICIATIVA VECIÑAL TOMOU POSESIÓN COMO CONCELLEIRO


Fai uns días, Lomba Núñez presentou un escrito no Concello de A Guarda subliñando: "Solicito que o que me corresponda percibir por asistencias a plenos, comisións de urbanismo e padroado sean doadas a Asociación Avelaiña".




A Corporación Municipal do Concello de A Guarda celebrou onte venres, ás 20 horas, sesión Ordinaria do Concello Pleno, o derradeiro da presente anualidade, na que se trataron os seguintes puntos da Orde do Día:


1º.- Toma de posesión do concelleiro Buenaventura Lomba Nuñez.


2º.- Aprobación acta sesión anterior (01/10/2010).


3º.- Dar conta de Decretos.


4º.- Dar conta dos membros das Comisións Informativas e Padroado.


5º.- Proposta modificación convenio suministro de auga coa Entidade Local Menor de Camposancos.


6º.- Modificación ordenanza reguladora dos prezos públicos das instalacións deportivas e piscina cuberta do concello de A Guarda.


7º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2010.


8º.- Transferencia de crédito 49/2010.


9º.- Mocións do BNG, demandando atención e servicios de calidade na sanidade pública; sobre o completo desenvolvemento da Lei 11/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero; sobre a devolución do canon dixital, e para garantir os investimentos no ensino público.

10.- Rogos e Preguntas.

2 comentarios:

  1. Ánemo Buena. Tanto tí como Lidia e todo o equipo humano de Iniciativa Veciñal sodes moi necesarios no panorama político de A Guarda.

    Un contribuínte guardés

    ResponderEliminar
  2. A si se fai DOCTOR, que cunda o exemplo pero con demostracións e papeles.

    ResponderEliminar