martes, 23 de noviembre de 2010

LUGO

MARTHA MUNGUÍA, DEFENSORA DE DEREITOS HUMANOS DE NICARAGUA, FALARÁ EN LUGO SOBRE A VIOLENCIA SEXUAL QUE SOFREN AS NENAS NESE PAÍS.




Carlos Fernández

Voceiro de Amnistía Internacional Galicia


En Nicaragua dous terzos das violacións son a menores de 17 anos, e case a metade delas de nenas de 14 anos ou menos.
Martha Munguía, experta en violencia de xénero, é a actual Coordinadora Executiva da Alianza de Centros de Mujeres de Nicaragua e líder do Movimiento Autónomo de Mujeres.

O MÉRCORES 24 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 H. NO SALÓN DE ACTOS DA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, na praza de Santa María de Lugo, terá lugar unha conferencia de MARTHA MUNGUÍA, defensora de dereitos humanos das mulleres de NICARAGUA, quen falará sobre a violencia e os abusos sexuais de que son vítimas menores de idade. A charla é organizada por Amnistía Internacional de Lugo.

Máis de dous terzos das violacións denunciadas en Nicaragua entre 1998 y 2008 cometéronse a nenas de menos de 17 años e case a metade de todas as violacións denunciadas foron cometidas contra nenas de 14 anos ou menos.

En Nicaragua non existe conciencia social sobre o problema da violencia sexual. O estigma asociado aos delitos sexuais tradúcese en que a miúdo é a supervivente e non o agresor quen é considerada culpable. A pesar diso, o goberno non realizou ningunha campaña de sensibilización para acabar coa culpabilización á que se enfrontan as nenas vítimas de violencia sexual, nin puxo en marcha as medidas precisas para garantir o acceso á xustiza e á reparación das vítimas.

MARTHA MUNGUÍA
Martha Munguía é líder do Movimiento Autónomo de Mujeres en Nicaragua, experta da Red Interamericana de Refugios y Albergues para Mujeres y Niñas Víctimas de Violencia de Género y Sexual, Coordinadora Executiva da Alianza de Centros de Mujeres, Presidenta da Fundación de apoio a Mulleres vítimas de violencia intrafamiliar e sexual Centro de la mujer Acción Ya.
Martha conta cunha grande experiencia no impulso e formulación de políticas públicas relacionadas coa violencia contra as mulleres como o Plan Nacional de lucha contra la violencia hacia la Mujer ou a creación das Comisarías de la Mujer y la Niñez, primeira experiencia policial na materia de Centro América.
Durante dez anos Martha Munguía foi deputada da Asemblea Nacional de Nicaragua, participando na elaboración da Constitución do país e leis relativas aos dereitos das familias e as mulleres, como a Lei de divorcio unilateral ou de reforma do Código Penal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario