domingo, 14 de noviembre de 2010

O ROSAL

Alberte Alonso Pereira, candidato do BNG á Alcaldía do Rosal


Alberte Alonso Pereira encabeza unha candidatura do BNG ilusionante e comprometida cos veciños e veciñas do Rosal


Alberte Alonso Pereira encabezará a candidatura do BNG á Alcaldía de O Rosal nas vindeiras eleccións locais cun equipo de persoas que propón cambios positivos na política municipal. Cremos necesario pór en marcha un proxecto ilusionante, que facilite a creación de postos de traballo, e poña en valor as potencialidades do concello. É preciso acabar co trato de favor aos especuladores na política urbanística para iniciar unha nova etapa que, ordenando racionalmente o territorio, permita o crecemento sen hipotecar o futuro do Rosal.
O actual alcalde e o seu equipo do PP non teñen proxecto de futuro para o noso concello, xa que a súa política baséase na improvisación e na ausencia dunha estratexia de futuro.
Esta falla de ideas ponse de manifesto se temos en conta que, unha boa parte das actuacións levadas a cabo nos últimos tempos polo grupo de goberno, foron iniciativas doBNG, que logo non souberon materializar.
No BNG queremos facer políticas transformadoras, políticas favorábeis á maioría e políticas democráticas. Xa o temos demostrado alí onde gobernamos. Temos dado mostras prácticas do noso compromiso coa xente, de facer real a existencia doutra forma de gobernar e, polo tanto, de transformar a realidade en beneficio da xente.

Un candidato con experiencia e comprometido co Rosal

Alberte Alonso Pereira, nacido na Guarda hai 46 anos, é veciño do Rosal dende hai 14. É funcionario da Administración de Xustiza. Ten participado no traballo asociativo na Comunidade de Montes do Rosal, na traída de augas da Videira, en asociacións culturais
e foi administrador e redactor da páxina web InfoRosal.com.
Ten unha extensa experiencia política. Iniciou a súa militancia no BNG no 1987. Foi concelleiro na Guarda no mandato 1991-1995. Formou parte do Consello Nacional durante
oito anos como representante da comarca do Baixo Miño. Na actualidade é Responsábel Local do BNG e foi elixido candidato á Alcaldía por unanimidade da Asemblea Local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario