

¿Onde esta Aznar?, fai uns meses acercouse ata Ceuta, e non sabemos a que foi, ¿sería para asesorar en como facer dano ao Goberno do PSOE? Estou seguro que agora non viaxará para axudar a levantar o poboado das xentes saharauís, que foron golpeadas e según os informadores, ONG, feridos e quizás mortos.
A ditadura marroquí autorizou a policía a que ninguén desembarcara no aeroporto de Aaiún, polo tanto periodistas e simpatizantes da causa xusta do pobo Saharauí tiveron que dar a volta.
Non me estrañaría que Rajoy diga que nese poboado estaban os terroristas, e que seu amigo fixo ben autorizar o desaloxo da cidadanía indefensa que durmía nas súas jaimas, lanzando gases lacrimóxenos dende helicoteros, queimando súas jaimas…etc, ou diga que o Goberno ten que intervir enerxicamente conta os marroquís. Lembro que fai poucos días a policía asasinaron a un neno chamado Nayem e ata hoxe a ditadura marroquí non deu espricacións.
O pobo Saharauí ten dereito a autodeterminación porque non son marroquís, e polo tanto a UE tinha que facer todo o posible para a celebración inmediata do referéndum que a ONU aprobou no seu día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario