HOMENAXE A MANUEL DE DIOS

O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o deputado provincial de Cultura, José Luis Valladares, presidiron a representación da institución provincial no acto de homenaxe a Manuel de Dios, celebrado no teatro Principal.
O acto estivo promovido polo grupo "Vellos Amigos" de Manuel de Dios e celebrouse un ano des pois do seu pasamento, para darlle aos ourensáns a posibilidade de renderlle publicamente esta homenaxe ao poeta,músico e gran docente ourensán.
Ademais de escoitar as súas cancións máis relevantes, Marisa Calvo recitou parte das súas poesías e o fillo de Manuel de Dios recibiu un agasallo de lembranza nun teatro Principal que se fixo pequeno e que aplaudíu con xenerosidade.
Os asistentes recibiron un libro homenaxe, editado pola Deputación, e un disco con cancións de Manuel de Dios.
A Deputación promove actualmente a concesión da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo para o protagonista. O acordo podería ter lugar no Pleno do vindeiro día 26 de novembro, unha vez rematado o expediente de honores iniciado no seu día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario