OS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE ÓRGANO TRAERÁN A CELANOVA A 500 ESCOLARES DE TODA GALICIA

Hoxe foi presentado o ciclo de concertos didácticos na Deputación de Ourense, institución que colabora no desenvolvemento desta actividade, xunto coa Consellería de Educación, o Conservatorio de Música de Ourense e a parroquia de San Rosendo de Celanova. Os concertos están promovidos polo Concello de Celanova e patrocinados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Entre xaneiro e maio de 2011 Celanova volverá ser o berce da música de órgano. Un ano máis comezan os “Concertos didácticos de órgano” na igrexa de San Salvador, un evento que traerá á vila celanovesa a máis de 500 estudantes de toda Galicia, desde 3º de Primaria e ata 2º de Bacharelato, para participar nunha actividade pioneira en España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario