viernes, 19 de noviembre de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN PROMOCIONARÁ A LOUSA DE VALDEORRAS EN BRUXELAS








A Deputación de Ourense, como socio da Fundación Galicia Europa, desenvolverá durante o 30 de novembro unha xornada en Bruxelas, que terá como obxectivo promove-la lousa desde o punto de vista da arquitectura sostible e os materiais enerxeticamente eficientes, un sector en alza en Europa.
Para a promoción dun dos sectores máis importantes da nosa provincia, a Deputación apoiara a Asociación Galega de Pizarristas (AGP) con sede en Sobradelo de Valdeorras, asociación que aglutina a totalidade dos empresarios do sector. A xornada ¨Lousa galega: Experiencia e calidade¨ tamén servirá para a promoción da lousa ourensá ante os produtos alternativos de menor custo e peor calidade.


Esta xornada é producto da entrevista mantida hai meses polo vicepresidente segundo, Moises Blanco, co director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, na que o director xeral se compremeteu a dar todo o seu apoio á xornada de promoción da lousa ourensá na capital europea.


Logo da xornada de promoción da lousa, esta previsto que os representantes da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) manteñan contactos con colectivos asentados na capital europea relacionados co sector da construción, así como con europarlamentarios galegos para que coñezan de primeira mán a situación actual do sector.


A DEPUTACIÓN DE OURENSE PROMOVE UN PROXECTO DE PRE-INSERCIÓN LABORAL PARA INMIGRANTES
O proxecto desenvolverase nas comarcas de O Carballiño, Xinzo da Limia, Valdeorras e Ourense. 50 inmigrantes extracomunitarios participarán no proxecto. O innovador programa cofinanciarase polo Fondo de Apoio á Acollida e a Integración de Inmigrantes, a través dun convenio ca Secretaría Xeral de Inmigración. O obxectivo é mellorar a capacidade de inserción en Galicia e facilitar a adquisición das competencias clave necesarias para acceder a certificados de profesionalidade.
A Deputación Provincial de Ourense ven de poñer en marcha un proxecto para a pre-inserción laboral de inmigrantes, que ten como obxectivo a formación de persoas inmigrantes residentes na provincia de Ourense para que poidan acadar o certificado de profesionalidade que lles posibilite integrarse no mercado laboral e realizar outros estudos de formación regrada.

O acto de presentación do proxecto tivo lugar hoxe no Salón de Plenos da Deputación coa presenza do presidente da institución, José Luis Baltar; o responsable do Departamento de Fomento do Emprego da Deputación, José Juan Cerdeira; e os 50 beneficiarios deste proxecto, pertencentes a países extracomunitarios como Arxentina, Venezuela, Senegal, Estados Unidos, República Dominicana, entre outros.

José Luis Baltar dixo que este programa formativo é de gran importancia para o colectivo de inmigrantes que vive na nosa provincia, “ e con elo tamén estamos pagando unha débeda de gratitude que temos con todos estes países aos que nós, os galegos, tivemos que emigrar no pasado, e onde fomos moi ben acollidos”.

O Programa de pre-inserción laboral enmárcase nun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Deputación de Ourense a través do cal o Fondo de Apoio a Acollida e a Integración de Inmigrantes vai a cofinanciar o proxecto que se desenvolverá en Ourense.

A través do proxecto procurarase a mellora das capacidades de inserción socio-laboral de cidadáns inmigrantes que residan na nosa provincia, tendo como finalidade achegar aos participantes as posibilidades de participación nas políticas activas de emprego, ofrecéndolle ferramentas e recursos para paliar as carencias formativas que presentan.

No actual contexto normativo relacionado co mercado laboral, unha porta de acceso ó mesmo atópase na acreditación oficial dunha actividade laboral regulada a través dos “certificados de profesionalidade.

As vías para acceder a un certificado de profesionalidade, se se carece do nivel formativo requerido, son a través da superación das probas das “competencias clave” por acreditar que teñen adquiridos certos niveis formativos. Neste senso, o baixo nivel formativo da poboación inmigrante: na provincia de Ourense o 50% da poboación estranxeira residente non posúe acreditación de ter superada a ensinanza secundaria obrigatoria, e unha barreira para que os integrantes deste colectivo accedan os certificados de profesionalidade.

Partindo desta situación, a Deputación Provincial de Ourense deseñou este proxecto co obxectivo de facilitarlle ós participantes as competencias claves, que son coñecementos obrigatorios cuxa posesión é preciso acreditar para poder acceder á formación que conclúe coa entrega dos certificados de profesionalidade. Estas competencias comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en distintas áreas de coñecemento. (competencia matemática, competencia en coñecemento e interacción co mundo físico, competencia social e cidadán, competencia cultural e artística, competencia dixital).

No noso mercado laboral, autonómico e estatal, posuír un certificado de profesionalidade supón contar con unha documentación que acredita que unha persoa posúe os coñecementos e habilitades para desenvolver unha actividade laboral determinada, é dicir, “está cualificada”. Para poder acceder a esta formación é preciso posuír e acreditar que se teñen as chamadas “competencias clave”.

As comarcas que participan no programa, O Carballiño, Xinzo da Limia, Valdeorras e Ourense, rexistran o maior número de poboación estranxeira da provincia de Ourense. A Deputación quere facilitar o acceso a formación e capacitación dos seus residentes achegándoa aos propios lugares onde viven e onde, estatisticamente, é preciso deseñar políticas activas que incrementen o nivel de empregabilidade destes cidadáns.

A Deputación de Ourense entende o desenvolvemento destas actuacións enmárcase dentro do conxunto de competencias e responsabilidades que as Institucións públicas teñen para contribuír á cualificación e mellora dos niveles de formación dos recursos humanos do seus territorio de actuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario