viernes, 21 de octubre de 2011

GONDOMAR

Exposición Miguel Mosquera





iemvalminhor


Este venres 21 de outubro inaugurouse a exposición do pintor Miguel Mosquera: "Nun lugar do mundo Oregón (Ourense)", na Aula de Cultura "Ponte de Rosas. Logo da benvida do artista anfitrión Fino Lorenzo, o xornalista Camilo Franco presentou a Mosquera e a súa obra, á que cualificou como unha mirada indignada dende o arte á realidade.

Miguel Mosquera (Ourense, 1953), expón desde 1971 en galerías de España e mostras internacionais (por exemplo, varias edicións de ARCO), Xapón, Chile, Holanda, Estados Unidos e Gran Bretaña.

súa obra forma parte dos fondos de diversos museos e institucións como o Museo de Belas Artes de Santander, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o World Print Council de San Francisco en EEUU, entre outros.

A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 18 de novembro en horario de 19h. a 21h. de luns a venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario