Mostrando entradas con la etiqueta INFORMACIÓN MUNICIPAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INFORMACIÓN MUNICIPAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de noviembre de 2010

A GUARDA

BUENAVENTURA LOMBA NÚÑEZ, DO GRUPO MUNICIPAL TEGA / INICIATIVA VECIÑAL TOMOU POSESIÓN COMO CONCELLEIRO


Fai uns días, Lomba Núñez presentou un escrito no Concello de A Guarda subliñando: "Solicito que o que me corresponda percibir por asistencias a plenos, comisións de urbanismo e padroado sean doadas a Asociación Avelaiña".




A Corporación Municipal do Concello de A Guarda celebrou onte venres, ás 20 horas, sesión Ordinaria do Concello Pleno, o derradeiro da presente anualidade, na que se trataron os seguintes puntos da Orde do Día:


1º.- Toma de posesión do concelleiro Buenaventura Lomba Nuñez.


2º.- Aprobación acta sesión anterior (01/10/2010).


3º.- Dar conta de Decretos.


4º.- Dar conta dos membros das Comisións Informativas e Padroado.


5º.- Proposta modificación convenio suministro de auga coa Entidade Local Menor de Camposancos.


6º.- Modificación ordenanza reguladora dos prezos públicos das instalacións deportivas e piscina cuberta do concello de A Guarda.


7º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2010.


8º.- Transferencia de crédito 49/2010.


9º.- Mocións do BNG, demandando atención e servicios de calidade na sanidade pública; sobre o completo desenvolvemento da Lei 11/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero; sobre a devolución do canon dixital, e para garantir os investimentos no ensino público.

10.- Rogos e Preguntas.

jueves, 25 de noviembre de 2010

BAIXO MIÑO


O BNG PRESENTA MOCIONS NOS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO CO GALLO DO 25 DE NOVEMBRO PEDINDO Á XUNTA QUE NON DESMANTELE OS SERVIZOS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O BNG presenta mocións en todos os concellos do Baixo Miño co gallo do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, para reiterar que a violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres e a manifestación máis clara e brutal da desigualdade aínda existente entre mulleres e homes na nosa sociedade.
Neste senso, este ano o BNG desexa subliñar que, a pesar de que na pasada lexislatura deuse en Galiza un paso moi importante ao aprobar unha lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007), esta norma aínda está por desenvolver e o novo goberno da Xunta do Partido Popular non parece ter interese en por en funcionamento os instrumentos que nela se inclúen.
Así se solicita que os Concellos insten á Xunta de Galiza a que realice unha planificación para a efectividade das previsións contidas na Lei 11/2007 que estaban pendentes de desenvolvemento, en concreto:
1) a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero
2) a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral,
3) a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero,
4) a formación da totalidade das e dos profesionais implicados na loita contra a violencia de xénero
5) a garantía do dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público para as vítimas de violencia de xénero tamén recollido na lei.
Ademais a moción do BNG solicita do goberno da Xunta de Galiza que non reduza económicamente o orzamento destinado a loita contra a violencia de xénero e que deixe de desmantelar as poucas estruturas básicas coas que a administración galega contaba neste ámbito como as Oficinas I+B, xa desaparecidas, ou o Servizo Galego de Igualdade claramente mermado nas súas funcións.
En definitiva trátase de asumir que a violencia de xénero é un problema de primeira orde no que deben implicarse o conxunto de poderes públicos e a sociedade para a súa erradicación.


COMISIÓN DA MULLER DO BNG. BAIXO MIÑO

sábado, 20 de noviembre de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN ANTIBELICISTA


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:
A OTAN foi creada en 1949 e a estrutura militar en 1950, para nos esta organización non ten razón de existir e os actuais gobernantes utilizan esta organización fora de Europa incumprindo a lei, e os dereitos humáns.
Estes días 19 e 20/11/2010 en Portugal, na cidade de Lisboa os imperialistas tomarán a decisión da nova estratexia, baseada na chamada “operación liberdade duradeira”. A OTAN é o instrumento para que os Gobernos ante o futuro incerto e preocupante, defendan o capital salvaxe, tendo o novo regulamento usárano para invadir, saquear os recursos naturais en calquera parte do mundo.

Desgraciadamente as guerras non desaparecen, estando moi preto de novas guerras e conflitos, seguen aumentando os arsenais de armas nucleares, aumento de venta de armas, temos os conflitos de Afganistán, Iraq, Irán, Marrocos,Palestina, Colombia, Venezuela, Sri Lanka, …etc.

Para Esquerda Unida o senhor ZP esqueceuse das alianzas das civilizacións, polo tanto é un gobernante contrario a Paz. En 2009 ZP, autorizou a venda de armamento por un valor de 1.300 millóns de €, aumentando a exportación en 44% mais que no ano 2008.

Dende Esquerda Unida de A Guarda solicitamos:

Que tódolos Gobernos do mundo se desfagan do armamento nuclear.
Eliminación da organización OTAN.
Retirada de tódolos militares dos países que están invadidos.
Eliminación das bases militares.
Que os invasores corran cos gastos da recuperación dos países invadidos.
Prohibición da venda de armas.
Que os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e as Cortes Xerais.

A Guarda 20 de novembro do ano 2010

martes, 16 de noviembre de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN CON VARIAS MEDIDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Moción "25 novembro 2010”

O 17 de decembro do ano 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A data elixida como, conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orden do seu gobernante Rafael Trujillo (1930-1961)..
Este día converteuse pouco apouco nunca data emblemática na que a cidadanía se manifesta contra todo tipo de violencia contra as mulleres, polo feito de ser o que son, mulleres.

Caminhando paso a paso a sociedade toma conciencia social e repudia, rexeita este tipo de violencia sexista, en tódolos lugares do mundo; a violencia de xénero sigue sendo unha das senhas de identidade patriarcal que invade toda a cidadanía e que todos xuntos temos que seguir ca luta, ea sociedade, non pode xustificar, manter, tolerar e perpetuar estes feitos.

A violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, na cidadanía esta presentase de moitas maneiras: violacións, acosos sexuais e laborais, sexismo publicitario, trata de mulleres e mininhas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na eliminación da nosa Historia, nos matrimonios concertados, nos asasinatos por honor, na desigualdade salarial, na imposición do burka, e nas formas simbólicas a través de pautas culturais que transmiten e reproducen comportamentos discriminatorios e sexistas, comentarios como o Alcalde de Valladolid etc.

O Concello é a Administración más cercana a ciudadanía, e tenhen que dar unha resposta más rápida e eficaz a esta lacra social, por todo isto Esquerda Unida de A Guarda propón ante o Pleno da Guarda que se adopten os siguientes

ACORDOS:

Que o goberno municipal se compromete a fomentar una conciencia social baseada no respecto e na igualdade en todas aquelas actividades que sexan da súa competencia no eido da educación , cultura e deporte.

Que se realizará un plan integral contra a violencia de xénero, de tal maneira que se converta en una prioridade política irrenunciable, con dotación económica para súa correcta execución e para asegurar que existan os recursos necesarios para as mulleres vítimas de violencia.

Que o concello non permitirá que nos medios de comunicación local, provincial, escritos, radiados o televisados, se mofen das mulleres, ni que sexan obxecto de mal trato e discriminación. Así tampouco permitirá os chamados "anuncios de contactos" ni nas emisións onde aparezan as mulleres como obxectos de consumo sexual.

Que o Concello, solicite ante a Xunta de Galicia e Goberno Estatal competencias plenas e dotalas de orzamentos para que o Concello, Xunta de Galicia e o estado colaboren conxuntamente para eliminar a violencia de xénero da sociedade.

Que o Concello, Deputación e Xunta de Galicia se comprometan a posibilitar e apoiar o traballo, das organizacións, entidades sociais que tenhan como obxectivo a eliminación da violencia machista.

Que os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e as Cortes Xerais, instándolles as modificacións necesarias das leis respectivas sobre violencia de xénero e a un aumento presupuestario, a fin de que estas se aborden de maneira transversal e con maiores recursos económicos.

A Guarda a 17 de novembro do ano 2010

domingo, 14 de noviembre de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA SOLICITA O CONCELLO QUE UNA RÚA OU UNHA PRAZA LEVEN O NOME DE MARCELINO CAMACHO





O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O pasado 29 de outubro morreu o histórico líder de CCOO aos 92 anos, Marcelino Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballadores, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra, no exilio, na ditadura e na liberdade sempre loitou xunto aos traballadores. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. O 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses das traballadores. Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudantís do curso 86/87. Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro. A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras Polo exposto,

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Que o Concello faga os tramites pertinentes para que na Guarda unha rúa ou praza leve o nome de Marcelino Camacho.
Que se de traslado do acordo ao Sindicato Comisións Obreiras así como á familia de Marcelino Camacho para o seu conhecemento.

jueves, 11 de noviembre de 2010

A GUARDA



ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN NO CONCELLO DE A GUARDA PARA QUE A COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA FAGA PÚBLICAS AS CONTAS


- A formación de esquerdas afirma que Miguel Angel Español Otero debera salva-la honra cumplindo ca obriga de dar explicacións e xistificar súa xestión




O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Toda a cidadanía sabe que a Comisión da festa do monte Trega, recibe unha cativa subvención do Concello. Dende que a festa está controlada e dirixida polo PSOE e Asociación Pedra Furada a día de hoxe os que presumen de transparencia, honestidade, tolerancia, talante, economía sostible, etc..., non deron contas a cidadanía guardesa.
¿Canto tempo seguirán esperando os Guardeses para conhecer as contas da mencionada festa?. A Comisión, e principalmente seu responsable Miguel Ángel Español Otero, deberían salva-la honra cumprindo ca obriga de dar explicacións e xustificar súa xestión.

DENDE EU SOLICITAMOS:

Que a Comisión de Goberno tome as medidas axeitadas para que a Asociación Pedra Furada e seu Presidente, fagan públicas as contas e sexan publicadas no libro da mencionada festa e boletín B.I.G.

A Guarda a 11/11/2010

viernes, 5 de noviembre de 2010

A GUARDA

EL PARTIDO POPULAR PIDE ACLARACIONES AL CONCEJAL DE TRÁFICO DE A GUARDA POR LA SITUACIÓN DE LA CALLE VICENTE SOBRINO





Desde el Partido Popular pedimos al Concejal delegado de Tráfico, el Sr. Paulino, aclaraciones sobre la caótica situación actual de la calle Vicente Sobrino. Hace pocos días se ha retirado su mobiliario y esto ha provocado que se use en casi toda su extensión como aparcamiento. Además los vehículos aparcados conviven con señales, a lo largo de toda la calle, que impiden el estacionamiento de los mismos. El problema se agrava enormemente en las horas de entrada y salida del colegio en la que peatones, coches estacionados y coches en circulación crean situaciones peligrosas para la seguridad de los peatones, sobre todo en muchos caso niños que han de echarse a un lado para impedir que los coches les pasen por encima.
Solicitamos que urgentemente se aclare la situación de los aparcamientos y según la decisión que tome la concejalía de tráfico señalice correctamente la zona, alertando además de que se trata de una zona escolar.
Sr. Paulino, responsable de tráfico en este concello, desde el Partido Popular le solicitamos que cuando tenga otras idea de estas, se pare a sopesar las consecuencias, ya que desde su posición debería velar por la seguridad vial de los ciudadanos que para algo le pagan.

PP A Guarda

lunes, 1 de noviembre de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA BOTA EN FALLA UN TRABALLO SERIO DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE A GUARDA


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Fai uns días rematou no IFEVI en Vigo, unha exposición de interiorismo, turismo, tempo libre etc.
Na caseta de información Rías Baixas un boletín de información das festas mais emblemáticas das rías baixas, aparece co nº 16 a festa do monte Trega como festa de interés turístico galego, e na páxina 26, lamentablemente non existe ningunha foto que faga referencia a mencionada festa.
O responsable de turismo do concello tería que facer mais por o concello de A Guarda. Dende ESQUERDA UNIDA votamos de menos algunha foto do desfile de traxes rexionais, grupo folclórico, ou foto bailando e xantando en romaría....etc.
Non vemos por ningures o fomento da festa da langosta, peixe espada e para os católicos practicantes nada sobre a festa de Santa Trega.
En resumen os actuais Gobernantes presumen de medallas que non tenhen ningunha importancia, esquecéndose do fomento do noso pobo en eventos que para nós tenhen moita importancia, por todo isto.

SOLICITAMOS:

Que o responsable de turismo do concello faga un traballo serio en promoción turística e se dirixa a Deputación de Pontevedra, Turismo das rías Baixas para promocionar axeitadamente o noso Pobo.