Mostrando entradas con la etiqueta NOITES DE MONÓLOGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOITES DE MONÓLOGOS. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de noviembre de 2010

A GUARDA

GABRIEL CÓRDOBA ACTUARÁ O VINDEIRO VENRES DÍA 19, NAS "NOITES DE MONÓLOGOS" DO CELTIC




O vindeiro venres día 19 de novembro, a partires das 23:30 hs. a cafetaría, cervexaría, restaurante e tapería The Celtic Harp recibirá o humorista murciano afincado en Barcelona, Gabriel Córdoba, que por primeira vez actuará no escenario do Celtic. Este artista xa gañou dous concursos de monologuistas, resalta como actor e cómico, e ademáis e mestre de interpretación en Barcelona.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

A GUARDA

PAQUIÑO CAMPELO, PROTAGONIZARÁ A VINDEIRA SESIÓN DAS "NOITES DE MONÓLOGOS" DO CELTIC
VENRES 5 DE NOVEMBRO, A PARTIRES DAS 23.30 H.
Un venres máis, pero esta vez con carácter especial, a dirección da cafetaría, cervexaría, tapería e restaurante The Celtic Harp, bríndanos unha nova sesión das "Noites de Monólogos", en cuia programación teñen participado artistas galegos e tamén doutras comunidades autónomas.
Nesta ocasión, o Celtic traerá a un cómico local, que se subirá por primeira vez o esceario dun bar. Será a súa primeira posta en escea.
"Pedimos - dixo Oscar, do Celtic - o apoio do público en xeral, para que asista e apoie ao cómico nos momentos bóse de moita risa, dos que estamos seguros que haberá moitos, como nos malos momentos cando faga pouca gracia. Ahí e donde haberá que valorar o esforzo dunha persoa competindo con cómicos que traemos habitualmente de tódalas partes do país, e que xa levan anos de escenario, televisión, películas, libros....
Asi pois, despois de varios intentos para convencelo de que viñera a actuar, será un orgullo para nós que este venres 5 de Novembro a partires das 23:30 h. teñamos no noso escenario a Paquiño Campelo, un dos membros que fan o Show dos Campelos".