domingo, 7 de noviembre de 2010

O ROSAL: FESTIVIDADE E ROMARÍA DE SAN MARTIÑO


O vindeiro xoves día 11 de novembro, festividade de San Martiño, ás 18.30 h., na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, celebrarase unha eucaristía na honra do santo.
A romaría tradicional terá lugar - se a climatoloxía non o impide - o domingo 14 de novembro.
O programa do domingo escomenza ás 10.30 h., intre no que terá lugar a saída da imaxe do santo, que será levada en procesión ata a ermida, onde ás 12.00 h. se celebrará a misa solemne con sermón e posterior procesión.
A romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños, do Rosal.
En caso de adversidade climatolóxica, os actos previstos trasladaríanse o domingo día 21 deste mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario