I GRAN CEA-BAILE MEGAFESTA DO FUTBOLÍN
Mostrando entradas con la etiqueta O ROSAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O ROSAL. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de noviembre de 2010
O ROSAL
TEATRO NO AUDITORIO DO ROSAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O grupo Agarimo (Asociación de Amas de Casa y Consumo) de Vigo, representou a obra "A Pousadeira" de Carlo Goldoni, baixo a dirección de Alejandra Abreu.
Antes, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso Alonso leu este pequeno manifesto:
"Como cada ano ao chegar estas datas próximas ao 25 de novembro, Día Internacional para a Loita contra a Violencia de Xénero, facemos balance do que queda por facer: seguir traballando e xuntar forzas para combater e acabar contra este terrible fenómeno.
Un ano máis denunciamos dende o noso concello, a Violencia de Xénero. Por suposto a violencia que termina co fin da vida de moitas mulleres... pero tamén queremos que este manifesto sirva de protesta aos berros, abusos, acosos, insultos, violacións ás que son sometidas, e que moitas veces silenciamos.
Sumámonos a todos os manifestos que nestes días serán lidos en todas as partes do mundo en contra da Violencia de Xénero".
A seguir, e minutos previos á baixada do telón, a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano deu lectura a un poema da autoría do Xuíz de Paz da vila, Cástor Rodríguez González:
POR SER MUJER
Con tristeza se invade el alma de dolor
cuando en flor marchitan la existencia
de una vida noble, resignada, agradecida,
con el hacha cruel de un celo homicida.
La sinrazón de la fuerza establecida
a cambio del honor del cariño
con instinto brutal se hace dueña
de forma irracional y muy maldita.
Por ser mujer naciste de madre para madre,
criaste a tus hijos con insomnio y padecer
llevaste los cuidados generosos de la casa,
fiel y abnegada te volviste en el amor,
diste ternura al poder del otro ser.
Por ser mujer das cariño a este mundo
que muchas veces no es agradecido
al ofrecerte la maldad por compañero
que por la ira y la violencia es conocido.
No es justo que alguien discrimine
y quiera dominar a su capricho
a quien le puede enseñar a compartir
lo que es bueno y de humano exquisito.
A tí, que eres hombre y caballero,
te dieron compañera y no sierva
para que aprendas en amor a convivir
y desprecies la ira y la violencia
contra quien no ofrece resistencia,
por ser mujer.
viernes, 19 de noviembre de 2010
O ROSAL
O PROGRAMA "VAIA TROULA" ANIMARÁ O SÁBADO DÍA 2O DE NOVEMBRO A PRAZA DO CALVARIO
Nieves Rodríguez ( segunda pola dereita), xunto con outras xóvenes colabouradoras
Infogauda / O Rosal
A partires do mediodía deste sábado día 20 de novembro, o equipo da productora Sete Media gravará o programa "Vaia Troula" no decurso do día, na Praza do Calvario e será emitido pola noite, a partires das 22.00 h., na primeira canle da Televisión de Galicia.
A productora do programa, que presenta Nieves Rodríguez, elexiu O Rosal por varias motivacións, nomeadamente polo prestixio artístico da Agrupación Musical do Rosal. Por elo, no programa participará unha representación desa entidade musical, así como demostracións artesanais, ademáis de imaxes que contribuirán a espallar aínda máis se cadra, os atractivos naturais do concello rosaleiro.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
O ROSAL

O BNG ESPRICARÁ HOXE EN FORNELOS A SÚA LABOR NO CONCELLO DO ROSAL
O BNG continúa súa campaña informativa polos barrios do Rosal, dando a coñecer á cidadanía o traballo desenvolvido polos nacionalistas no concello do Rosal o longo desta lexislatura que rematará no vindeiro mes de maio de 2011.
A vindeira cita do “Balance do traballo do BNG non concello” será este xoves, 18 de novembro, ás 20.30 horas, nas Escolas de Fornelos.
domingo, 14 de noviembre de 2010
O ROSAL
Alberte Alonso Pereira, candidato do BNG á Alcaldía do Rosal
Alberte Alonso Pereira encabeza unha candidatura do BNG ilusionante e comprometida cos veciños e veciñas do RosalAlberte Alonso Pereira encabezará a candidatura do BNG á Alcaldía de O Rosal nas vindeiras eleccións locais cun equipo de persoas que propón cambios positivos na política municipal. Cremos necesario pór en marcha un proxecto ilusionante, que facilite a creación de postos de traballo, e poña en valor as potencialidades do concello. É preciso acabar co trato de favor aos especuladores na política urbanística para iniciar unha nova etapa que, ordenando racionalmente o territorio, permita o crecemento sen hipotecar o futuro do Rosal.
O actual alcalde e o seu equipo do PP non teñen proxecto de futuro para o noso concello, xa que a súa política baséase na improvisación e na ausencia dunha estratexia de futuro.
Esta falla de ideas ponse de manifesto se temos en conta que, unha boa parte das actuacións levadas a cabo nos últimos tempos polo grupo de goberno, foron iniciativas doBNG, que logo non souberon materializar.
No BNG queremos facer políticas transformadoras, políticas favorábeis á maioría e políticas democráticas. Xa o temos demostrado alí onde gobernamos. Temos dado mostras prácticas do noso compromiso coa xente, de facer real a existencia doutra forma de gobernar e, polo tanto, de transformar a realidade en beneficio da xente.
Un candidato con experiencia e comprometido co Rosal
Alberte Alonso Pereira, nacido na Guarda hai 46 anos, é veciño do Rosal dende hai 14. É funcionario da Administración de Xustiza. Ten participado no traballo asociativo na Comunidade de Montes do Rosal, na traída de augas da Videira, en asociacións culturais
e foi administrador e redactor da páxina web InfoRosal.com.
Ten unha extensa experiencia política. Iniciou a súa militancia no BNG no 1987. Foi concelleiro na Guarda no mandato 1991-1995. Formou parte do Consello Nacional durante
oito anos como representante da comarca do Baixo Miño. Na actualidade é Responsábel Local do BNG e foi elixido candidato á Alcaldía por unanimidade da Asemblea Local.

domingo, 7 de noviembre de 2010
O ROSAL: FESTIVIDADE E ROMARÍA DE SAN MARTIÑO

O vindeiro xoves día 11 de novembro, festividade de San Martiño, ás 18.30 h., na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, celebrarase unha eucaristía na honra do santo.
A romaría tradicional terá lugar - se a climatoloxía non o impide - o domingo 14 de novembro.
O programa do domingo escomenza ás 10.30 h., intre no que terá lugar a saída da imaxe do santo, que será levada en procesión ata a ermida, onde ás 12.00 h. se celebrará a misa solemne con sermón e posterior procesión.

A romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños, do Rosal.
En caso de adversidade climatolóxica, os actos previstos trasladaríanse o domingo día 21 deste mes.
viernes, 5 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)