Mostrando entradas con la etiqueta OURENSE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OURENSE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de noviembre de 2010

OURENSE


COLOQUIO SOBRE “LINGUA E XUVENTUDE” PARA DEBATER SOBRE O USO DO GALEGO NA MOCIDADE


O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu un coloquio sobre a situación social e o uso do galego na mocidade, baixo o título: “Xuventude e lingua: un debate necesario”. No decurso do acto se clausuraron asemade dous cursos de linguaxe administrativa galega impartidos a 50 alumnos.
O acto contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o presidente da Deputación, José Luis Baltar; o presidente do PEN Clube e membro do Consello da Cultura Galega, Luis González Tosar; a xornalista Carolina Piñeiro, e o profesor de Lingua Galega, Fernando Domínguez Aguiar. Na xornada analizouse a situación actual do idioma galego, o seu uso nas administracións e na sociedade, principalmente na xuventude. Tamén se analizará a evolución e as perspectivas futuras da nosa lingua.

lunes, 22 de noviembre de 2010

OURENSE

O SALÓN DE PLENOS CON NOVOS DEPUTADOS





Os rapaces da asociación xuvenil Amencer foron os protagonistas dunha sesión plenaria extraordinariua da Deputación, onde eles ocuparon a presidencia e os escanos dos deputados.
Despois de que o director do Centro Cultural, Francisco González, lles explicara o funcionamento e utilidade da Deputación, os xoves conformaron as súas opcións políticas (dividironse en tres partidos) e debateron sobre que actividade conxunta facer (gañou facer unha sesión de paint-ball).

Como agasallo da Deputación recibiron un libro, para fomentar a actividade lectora.

viernes, 19 de noviembre de 2010

OURENSE

HOMENAXE A MANUEL DE DIOS





O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o deputado provincial de Cultura, José Luis Valladares, presidiron a representación da institución provincial no acto de homenaxe a Manuel de Dios, celebrado no teatro Principal.
O acto estivo promovido polo grupo "Vellos Amigos" de Manuel de Dios e celebrouse un ano des pois do seu pasamento, para darlle aos ourensáns a posibilidade de renderlle publicamente esta homenaxe ao poeta,músico e gran docente ourensán.

Ademais de escoitar as súas cancións máis relevantes, Marisa Calvo recitou parte das súas poesías e o fillo de Manuel de Dios recibiu un agasallo de lembranza nun teatro Principal que se fixo pequeno e que aplaudíu con xenerosidade.

Os asistentes recibiron un libro homenaxe, editado pola Deputación, e un disco con cancións de Manuel de Dios.

A Deputación promove actualmente a concesión da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo para o protagonista. O acordo podería ter lugar no Pleno do vindeiro día 26 de novembro, unha vez rematado o expediente de honores iniciado no seu día.

OURENSE

UN CADRO PARA O PRESIDENTE





O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, recibíu dos alumnos da Escola de Artes e Oficios un cadro de grandes dimensións como agasallo e recoñecemento ao seu apoio nos últimos tempos.
O cadro recolle aos propios alumnso pintando ao aire libre, no chamado "Campo de Santiago", un espazo a carón do Miño, preto d as fontes do Tinteiro.

O acto de entrega contou coa presenza do profesor de pintura, Manuel Vidal, e do director da Escola, Francisco González.

O cadro foi elaborado ao longo do pasado curso académico. Trátase dun traballo conxunto cun extraordinario resultado plástico e técnico.

jueves, 18 de noviembre de 2010

OURENSE

XINZO DE LIMIA ACOLLE O ÚNICO SALÓN MONOGRÁFICO DA PATACA QUE SE CELEBRA EN EUROPA




O pavillón dos deportes de Xinzo de Limia acolle entre o venres e o domingo próximos o II Salón Monográfico da pataca de Galicia, a única feira do sector de carácter monográfico que se celebra en Europa. O evento reunirá a produtores, almacenistas, comerciantes, fabricantes e técnicos, que analizarán as últimas novidades dun produto básico na agricultura de A Limia e imprescindible na alimentación mundial.
O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o presidente e o xerente do Inorde, José Manuel Freire e José Manuel Rodríguez, respectivamente, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez.

Baltar destacou a importancia de feiras monográficas como esta afirmando que é un “inmellorable punto de encontro para que os agricultores poidan coñecer os avances que logo poden aplicar nos seus cultivos, e desta maneira,seguir evolucionando para sacarlle máis partido e máis produtividade ás súas colleitas”.

José Manuel Rodríguez explicou que esta salón monográfico “pecha totalmente o ciclo da pataca, desde a semente ata o consumidor final, e iso supón un valor engadido a esta feira, porque é a única de Europa na que abordan todos os temas da pataca durante o seu ciclo”.

Galicia, co 22% da produción de pataca en España ocupa o segundo lugar despois de Castela e León, sendo a provincia de Ourense coa subzona de A Limia a que aporta a maior porcentaxe, de aí a importancia que ten este tubérculo para a economía galega e, en especial, para a provincia de Ourense.

O Inorde, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo levan a cabo conxuntamente este proxecto do salón monográfico, que é un referente europeo no sector, e que permitirá coñecer os traballos que se realizan en países como holanda, Polonia, Hungría e Romanía, ademais dos avances que en Ourense se desenvolven para conseguir a mellor produtividade da pataca.

A promoción e o I+D son as dúas áreas nas que este ano basea o II Salón da Pataca as súas liñas de actuación. Ao longo de tres días terán lugar xornadas técnicas, degustacións, presentacións de expositores, catas, concursos e actividades para nenos, que farán deste evento un inmellorable lugar para que profesionais e visitantes poidan traballar e disfrutar ao redor dun dos grandes produtos da nosa mesa: a pataca.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

OURENSE


EXPERTOS EN MICROCIRURXÍA ANALIZARÁN AS ÚLTIMAS TÉCNICAS DA ESPECIALIDADE NO CONGRESO QUE MAÑÁ COMEZA EN OURENSE






O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle dende mañá xoves e ata o venres o XIII Congreso Nacional da Asociación Española de Microcirurxía, un evento que trae a Ourense a expertos nacionais e internacionais, que analizarán e debaterán sobre as últimas técnicas que aplica esta disciplina médica na actualidade.
Relatorios e mesas redondas sobre microcirurxía experimental, microcirurxía e neuroloxía, o manexo anestésico, patoloxías e microcirurxía reconstrutiva serán algúns dos temas que se abordarán no congreso. Tamén haberá tres conferencias maxistrais sobre a historia da microcirurxía, a reanimación facial e os alotransplantes.O congreso está organizado polo Complexo Hospitalario de Ourense e o Servizo Galego de Saúde. A inauguración oficial terá lugar mañá xoves, ás 11.45 horas. O programa de mañá xoves é o seguinte:

XOVES 18 NOVEMBRO

08.30 h - 09.30 h

PRIMEIRA MESA REDONDA:

Microcirugía Experimental

Presidenta: Ana María Bravo da Moral, decana da Facultade de Veterinaria de Lugo.Moderador: Gabriel Gili i Cirera, director do Centro de Cirurxía Experimental Mútua Sabadellenca. SabadellRelatores: Francisco Ferreiro Fernández, F.E.A. Cirurxía Plástica e Reconstructiva do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla. Santander.Mariano López García, Facultade de Veterinaria de Lugo.Óscar Varela López, Facultade de Veterinaria de Lugo.J. Luís Toubes Conde, Laboratorio Microcirugía Experimental Complexo Hospitalario Ourense

09.30 h - 10.30 h

SEGUNDA MESA REDONDA:

Microcirugía en Neurocirugía

Presidenta: Ana Pastor Zapata, xefa de Servizo Neurocirugía. Complexo Hospitalario OurenseModerador: Miguel Gelabert González, Servizo de Neurocirugía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.Relatores: Fernando Carceller Benito, médico adxunto. Servizo de Neurocirugía Hospital Universitario A Paz. MadridJosé Piquer Belloch, xefe de Servizo. Servizo de Neurocirugía Hospital da Ribeira.Alzira. Valencia

10.30 h - 11.30 h

TERCEIRA MESA REDONDA:

Actualizacións no manexo anestésico perioperatorio en MicrocirugíaPresidenta: Lourdes Durán, Servizo de Anestesia e Reanimación. Hospital Clínico Universitario San Carlos. Madrid.Moderador: Enrique González Terán, Servizo de Anestesia e Reanimación Hospital Universitario Marqués de Valdecilla. SantanderRelatores: J. Furtado, Hospital Clínico Universitario San Carlos. MadridLourdes Durán, Hospital Clínico Universitario San Carlos. MadridEnrique González Terán, Servizo de Anestesia e Reanimación. Hospital Universitario. Marqués de Valdecilla. Santander

11.45 h - 12.00 h Inauguración Oficial

12.00 h - 13.15 hCUARTA MESA REDONDA:

Avances en microcirugía do nervio periférico. Actualización en patoloxía do plexo braquialPresidente: Arturo Gutiérrez da Cámara, xefe de Departamento de Cirurxía Plástica. Hospital POVISA. VigoModerador: Enrique Moledo Eiras, xefe de Sección. Hospital Povisa. VigoRelatores: Santos Palazzi, Centro Médico Teknon. BarcelonaMiguel Cadros, Hospital Universitario Virxe da Vitoria. MálagaEnrique Moledo Eiras, xefe de Sección. Hospital Povisa. Vigo

13.15 h - 14.30 h

QUINTA MESA REDONDA: Microcirugía Reconstructiva de Cabeza e PescozoPresidente: José Ramón Castelló Fortet, Servizo de Cirurxía Plástica, Hospital Universitario Porta de Hierro de MadridModerador: Pedro Trillo Parello, xefe de Sección de Cirurxía de Pescozo. Complexo Hospitalario de OurenseRelatores: Eloy García Díez, Servizo de Cirurxía Oral e Maxilofacial, Hospital Universitari Clinic i Provincial de BarcelonaMarzia Salgarello, Clínica Gemelli. RomaJosé Ramón Castelló Fortet, Servizo de Cirurxía Plástica, Hospital Universitario Porta de Hierro de MadridTomás Gómez Cía, Servizo de Cirurxía Plástica, Hospital Universitario Virxe do Rocío de Sevilla

15.30 h - 16.45 h

Comunicacións libres e Casos Clínicos

18.30 h - 19.45 h

SEXTA MESA REDONDA: Actualización en reconstrución ósea con microcirugía: indicacións actuais. Posibilidades de futuro

Presidente: Daniel Camporro, xefe de Sección Servizo de Cirurxía Plástica. Hospital Central de Asturias. OviedoModerador: Salvador Fernández, Servizo de COT. Consorci Hospitalari Parc Taulí. Sabadell. BarcelonaRelatores:Susana Carneiro, FEA Servizo de Cirurxía Plástica. Hospital Central de Asturias. OviedoMarco Innocenti, xefe Unidade Centro Traumatología e Ortopedia. Florencia

miércoles, 10 de noviembre de 2010

OURENSE


TRES EVENTOS RELACIONADOS CO CAMIÑO DE SANTIAGO POÑEN O BROCHE FINAL AO ANO XACOBEO EN OURENSE COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN




Ourense acollerá en novembro tres eventos relacionados co proxecto europeo Loci Iacobi da Secretaría Xeral para o Turismo sobre dinamización turística e cultural do Camiño. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez e mais o presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar Pumar presentaron hoxe en rolda de prensa un concerto, un coloquio e unha exposición que se celebrarán en Ourense e que se enmarcan dentro do proxecto Europeo Loci Iacobi, cuxo xefe de fila é a Secretaría Xeral para o Turismo.
O obxectivo do proxecto é investigar, promocionar e dinamizar turística e culturalmente o Camiño de Santiago ao seu paso polos territorios socios do proxecto: Beja, en Portugal; Le Puy-en-Velay en Francia e mais Galicia.


Carmen Pardo, Rogelio Martínez e José Luís Baltar presentaron hoxe en Ourense un programa de actividades que se desenvolverán na cidade das Burgas entre os días 23 e 28 de novembro no marco do proxecto Loci Iacobi: Lugares de Santiago, Lieux de Saint Jacques. Este proxecto, do que a Secretaría Xeral para o Turismo é xefe de fila, ten por obxectivo a investigación, promoción e dinamización turística e cultural do Camiño de Santiago como itinerario cultural de alto valor histórico nos territorios socios do proxecto que son a Diocese de Beja en Portugal, a Communauté d’Agglomération du Puy-en-Vélay en Francia e mais Galicia en España. O Loci Iacobi resalta a capacidade de cohesión e de factor de dinamización do Camiño de Santiago nos territorios polos que discorre.


A secretaria xeral para o Turismo Carmen Pardo destacou que entre os días 24 e 26 celebraranse en Ourense diversos actos no marco do proxecto. Segundo resaltou, os socios do grupo celebrarán reunións e encontros, así como visitas guiadas á cidade de Ourense, ás Termas de Outariz, ao Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil ou ao Mosteiro de Oseira. A cidade de Ourense acollerá un concerto a cargo do grupo Milladoiro no Teatro Principal de Ourense o día 24 de novembro ás 9 da noite; un coloquio internacional sobre os distintos Camiños de Santiago e a súa iconografía con expertos de diferentes países que se celebrará o día 26 deste mes e tamén nese mesmo día terá lugar no Edificio Simeón, no Centro Cultural da Deputación de Ourense a inauguración dunha exposición con pezas vencelladas ao culto e a cultura xacobea dos tres países socios do proxecto.


Ioci Iacobi


O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, lembrou a gran implicación da institución que preside co Xacobeo ao longo deste ano, con participación activa nos actos máis destacados, como foi o concerto de Leonard Cohen e agora esta iniciativa baixo o lema Loci Iacobi.


A asistencia ao concerto de Milladoiro no Teatro principal será gratuíta, previa retirada da entrada no despacho de billetes o día anterior entre as 11 e as 13.30 horas ou ben o mesmo día do concerto unha hora antes do comezo.


A respecto do encontro internacional, a secretaria xeral para o Turismo explicou que o día 26 celebrarase tamén un coloquio internacional no Centro Cultural da Deputación de Ourense que leva por título Loci Iacobi, Lugares de Santiago. Camiños de Peregrinación a Santiago e que conta coa ponencia inaugural do presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paolo Caucci von Saucken. Caucci falará da dimensión europea da Ruta Xacobea. Ademais, celebrarase unha mesa redonda sobre iconografía e culto dos santos peregrinos e guerreiros nos Camiños de Santiago que contará coa participación de expertos como Geraldine Dabrigeon, conservadora do Patrimonio do País da Arte e da Historia da Communauté d’Agglomeration de Le-Puy-en-Vélay en Francia; do director do Museo das Peregrinacións de Santiago, Bieito Pérez Outeiriño, e mais do direcor do Departamento de Patrimonio Histórico e Artístico da Diocese de Beja en Portugal, José Antonio Falçao.


Do mesmo xeito, o catedrático da USC e membro do Comité de Expertos, Fernando López Alsina, ofrecerá un relatorio sobre os Camiños de Santiago na Historia. O encontro contará coa participación de expertos tan relevantes como Humbert Jacomet, conservador do Patrimonio do DRAC d’Auvergne; ou a directora do Gabinete de Estudos sobre a Orde de Santiago do Municipio de Palmela en Beja, Isabel Cristina Ferreira, que fará un percorrido por cinco poboacións medievais do Camiño de Santiago no sur de Portugal.Todos os interesados en asistir ao coloquio poderán inscribirse no correo electrónico dispoñible no folleto do congreso que pode descargarse na web da Consellería de Cultura e Turismo e mais na web do proxecto www.lociiacobi.eu.


O mesmo día da celebración do coloquio inaugurarase no hall do Edificio Simeón a exposición itinerante Loci Iacobi. Esta mostra propón unha ampla reflexión sobre a peregrinación como realidade cun profundo significado antropolóxico, histórico e sociolóxico a partir dos tres lugares chave do Camiño de Santiago. Carmen Pardo calificou na súa intervención o proxecto como unha ferramenta que “temos á nosa disposición para continuar esa labor de transmisión do coñecemento que se ten convertido na esencia da ruta de peregrinación e que cohesionou Europa ata convertela na grande rede de cultura que é hoxe”.


Pola súa banda, na súa intervención, o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez destacou a importancia do Camiño de Santiago na provincia. Non en van, o Camiño do Sudeste é o camiño xacobeo de maior percorrido en Galicia e xa foi percorrido durante o que vai de 2010 por máis de 13 mil peregrinos. Segundo recalcou Rogelio Martínez, o Xacobeo programou este ano na provincia de Ourense un cento de actividades en corenta concellos dentro da súa programación propia, ademais das programadas en colaboración con Caixanova e Caixa Galicia. A Semana Auria de Novela Histórica; a colaboración co Festival de Cine de Ourense; a primeira edición do Festival Internacional de Orquestras de Galicia ou o Festival Reperkusión de Allariz foron algúns dos actos do Xacobeo na provincia. No que queda de 2010 aínda está previsto que se celebre a exposición Música de Pedra e Cantos de Peregrinación. Instrumentos Medievais de Martín Códax no Centro Cultural da Deputación de Ourense a partir do día 18 de novembro e tamén ese mesmo día un concerto na Igrexa de San Francisco coa Martín Códax Ensemble. O día 15 de decembro Ourense acollerá tamén una función para os cativos titulada Os catro da Xunqueira.

lunes, 8 de noviembre de 2010

BALTAR PÍDELLE AO PARLAMENTO GALEGO QUE LEXISLE SOBRE DEPUTACIÓNS




O Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, pediulle hoxe ao Parlamento de Galicia “que lexisle de maneira construtiva sobre as Deputacións” e lembroulle que en 25 anos de historia da Cámara Galega non foi quen de definir o mapa da administración local e provincial.
Baltar Pumar dixo na sua comparecencia en comisión que o Parlamento debe lexislar sobre as deputacións para definir “que función queren que desempeñemos dentro do noso sistema de goberno local; e, dende logo, se non se define primeiro, claramente, ese papel, dificilmente se poderá proceder a unha verdadeira coordinación das deputacións. Porque para coordina-la acción dunha institución, a premisa previa é a de saber con claridade qué se espera desa institución”.

O titular da Deputación de Ourense esbozou as liñas xerais dos futuros orzamentos da súa institución, que dixo terán o vindeiro ano unha redución que nunca será inferior ao 14 por cento.

Baltar explicou que esto deberase “fundamentalmente á redución das previsións de ingresos por participación nos tributos do Estado (a nosa fonte principal de financiamento, que xa en 2010 experimentou unha forte diminución) e á conclusión no exercicio 2010 de varios proxectos con financiamento europeo, que incrementaba o volume do noso presuposto”.

O máximo responsable da Deputación de Ourense dixo que o Inorde reducirá o seu presuposto nun 10 por cento e anunciou un maior papel protagonista para Urbaourense na construcción de vivendas e chan empresarial, así como a empresa mixta de xestión do ciclo da auga Aquaourense, que xa deu beneficios no último exercicio económico e que se incrementarán no vindeiro ano.

CÁRITAS OURENSE PRESENTA NO CENTRO CULTURAL A SÚA MEMORIA DO ANO 2009


O presidente de Cáritas Ourense, Miguel Pérez de Juan, e o xerente da entidade, Ignacio Bedoya, presentaron hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense a Memoria do ano 2009 na que destacan os proxectos desenvolvidos nos ámbitos da formación, vivenda, emprego e inserción laboral.
Pérez de Juan dixo que a grave crise económica actual incrementou o número de familias que demandaron axuda a Cáritas, contabilizándose que 1 de cada 5 persoas residentes na provincia de Ourense (unhas 70.500) viven en situación de pobreza relativa. Ademais, apuntou que 1.800 fogares ourensáns non teñen ingresos económicos e que a soidade dos maiores e a falta de servizos son os principais problemas que padecen as persoas con escasos recursos.

jueves, 4 de noviembre de 2010

GALICIA

A Real Banda de Gaitas recibirá ao Papa con música galega na Porta de Europa, á entrada de Compostela



A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense recibirá o vindeiro sábado, 6 de novembro, ao Papa Benedicto XVI con música galega, que interpretará na glorieta situada nas proximidades da “Porta de Europa”, á entrada a Compostela, durante o percorrido que o Santo Pai realizará dende o aeroporto de Santiago ata a Praza do Obradoiro.
A Real Banda interpretará a obra musical “Deus fratesque Gallaecia”, unha composición orixinal do director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, inspirada no camiñar dos peregrinos, mesturando o son de cunchas de vieiras cun romance de cego, unha alborada e, como remate, unha alegre muiñeira de inspiración medieval.

Previamente, ás 10.00 horas, a Real Banda situarase no mesmo monumento da Porta de Europa para interpretar para os medios de comunicación a citada melodía orixinal.

OURENSE

MILES DE OURENSÁNS PARTICIPARÁN O DOMINGO NA 26 EDICIÓN DO “DÍA DA BICI



O vindeiro domingo celébrase unha nova edición do “Día da Bici”, unha exitosa iniciativa lúdico-deportiva, organizada polo Clube Ciclista Ourensano e patrocinada pola Deputación de Ourense, que leva xa máis de dúas décadas realizándose. Hoxe foi presentada na Deputación a 26 edición desta proba ciclista que saca á rúa a nenos e maiores para percorrer a cidade de Ourense. No acto de presentación estiveron presentes o presidente do Clube Ciclista Ourensa no e organizador da proba, Carlos Moure; os ciclistas Marcos Serrano e Ezequiel Mosquera, e o vicepresidente da Deputación Plácido Álvarez.
Carlos Moure dixo que, se o tempo acompaña, “é posible que se acade a cifra de sete ou oito mil participantes do ano pasado, aínda que o importante non é só o número de participantes senón o espírito deportivo e a promoción dunha actividade lúdica e saudable como é o andar en bici”.

Moure dixo que é de xustiza “agradecer a todos cantos colaboraron ao longo de todos estes anos no mantemento e consolidación desta festa da bicicleta. É unha xornada reivindicativa, para dicir que nos gustaría que o Día da Bici fose todo o ano”. Marcos Serrano e Ezequiel Mosquera uníronse tamén á reivindicación dos dereitos dos ciclistas e que haxa circuítos pechados para que os máis pequenos poidan iniciarse no uso da bici.O percorrido comezará ás 12 horas na Deputación, seguindo polas rúas Progreso, Baixada a Praza, Dr. Fleming, Ervedelo, Avenida de Portugal, marcelo Macías, Avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández Oxea, Lugo, Progreso, Juan XXIII, Concello, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Eulogio G. Franqueira, Río Arnoia, Avenida de Santiago, Basilio Álvarez, Ponte do Milenio, Pardo de Cela, Progreso e Alameda.

A inscrición pode realizarse ata o vindeiro sábado, día 3, en Paseo Centro Comercial, e os organizadores recomendan aos participantes: revisar previamente a bicicleta, levar zapatillas de ciclista os calzado de sola pouco flexible, camiseta e calcetíns de fío ou lá, e culote ou pantalóns de deporte. A todos os participantes faráselle entrega dun obsequio consistente adhesivos, refrescos, gorra, doces e unha papeleta para un sorteo de bicicletas.

A organización lembra que non se trata dunha carreira, senón que é un paseo pola cidade. Por elo recomenda circular con velocidade moderada, respectar a unidade do grupo e manter unha distancia prudencial coas demais bicicletas.