MILES DE OURENSÁNS PARTICIPARÁN O DOMINGO NA 26 EDICIÓN DO “DÍA DA BICI
O vindeiro domingo celébrase unha nova edición do “Día da Bici”, unha exitosa iniciativa lúdico-deportiva, organizada polo Clube Ciclista Ourensano e patrocinada pola Deputación de Ourense, que leva xa máis de dúas décadas realizándose. Hoxe foi presentada na Deputación a 26 edición desta proba ciclista que saca á rúa a nenos e maiores para percorrer a cidade de Ourense. No acto de presentación estiveron presentes o presidente do Clube Ciclista Ourensa no e organizador da proba, Carlos Moure; os ciclistas Marcos Serrano e Ezequiel Mosquera, e o vicepresidente da Deputación Plácido Álvarez.
Carlos Moure dixo que, se o tempo acompaña, “é posible que se acade a cifra de sete ou oito mil participantes do ano pasado, aínda que o importante non é só o número de participantes senón o espírito deportivo e a promoción dunha actividade lúdica e saudable como é o andar en bici”.
Carlos Moure dixo que, se o tempo acompaña, “é posible que se acade a cifra de sete ou oito mil participantes do ano pasado, aínda que o importante non é só o número de participantes senón o espírito deportivo e a promoción dunha actividade lúdica e saudable como é o andar en bici”.
Moure dixo que é de xustiza “agradecer a todos cantos colaboraron ao longo de todos estes anos no mantemento e consolidación desta festa da bicicleta. É unha xornada reivindicativa, para dicir que nos gustaría que o Día da Bici fose todo o ano”. Marcos Serrano e Ezequiel Mosquera uníronse tamén á reivindicación dos dereitos dos ciclistas e que haxa circuítos pechados para que os máis pequenos poidan iniciarse no uso da bici.O percorrido comezará ás 12 horas na Deputación, seguindo polas rúas Progreso, Baixada a Praza, Dr. Fleming, Ervedelo, Avenida de Portugal, marcelo Macías, Avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández Oxea, Lugo, Progreso, Juan XXIII, Concello, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Eulogio G. Franqueira, Río Arnoia, Avenida de Santiago, Basilio Álvarez, Ponte do Milenio, Pardo de Cela, Progreso e Alameda.
A inscrición pode realizarse ata o vindeiro sábado, día 3, en Paseo Centro Comercial, e os organizadores recomendan aos participantes: revisar previamente a bicicleta, levar zapatillas de ciclista os calzado de sola pouco flexible, camiseta e calcetíns de fío ou lá, e culote ou pantalóns de deporte. A todos os participantes faráselle entrega dun obsequio consistente adhesivos, refrescos, gorra, doces e unha papeleta para un sorteo de bicicletas.
A organización lembra que non se trata dunha carreira, senón que é un paseo pola cidade. Por elo recomenda circular con velocidade moderada, respectar a unidade do grupo e manter unha distancia prudencial coas demais bicicletas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario