Mostrando entradas con la etiqueta DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de octubre de 2011

PONTEVEDRA



DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS

SÁBADO 22 DE OUTUBRO

-18:30 horas



O presidente da Deputación, Rafael Louzán, a directora Xeral de Comercio, Nava Castro, o deputado, Jorge Domínguez, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ribadumia, Ángel Lores participan nun sorteo de 3000 euros en vales de compra que se organiza dentro da campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa”. Na Praza do Concello de Ribadumia.


-14:00 horas



A deputada, Marta Iglesias, asiste o acto de clausura da Xornada da Muller. No salón de plenos do Concello de Ponteareas


-19:00 horas



A deputada, Marta Iglesias, asiste ó concerto do 25 aniversario da Banda Unión Musical de Cabral. No Recinto Feiral de IFEVI, Vigo.


-20:30 horas



O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, asiste á 34 edición dos Premios da Crítica de Galicia. No Hotel Los Escudos.



DOMINGO, 23 DE OUTUBRO

-10:30 horas



A deputada, Marta Iglesias, participa na Festa da Bicicleta da Deputación de Pontevedra. No pavillón Municipal Oscar Pereiro de Mos.


-14:00 horas



A deputada, Marta Iglesias, asiste o homenaxe a seis matrimonios da parroquia Coruxo. No Hotel Coia, Vigo

-18:30 horas



A deputada, Marta Iglesias, asiste ó Concerto Banda Música "As Delicias Do Caeiro". No salón Social do Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Rúa Becerreira, 145) Vigo



LUNS, 24 DE OUTUBRO

-09:00 horas



O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asiste ó Fórum Europa no que participa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó. No Parador dos Reis Católicos de Santiago.


-20:00 horas



A deputada, Ana Isabel Vázquez, asiste á conferencia inaugural do «X Memorial Filgueira Valverde» dedicado a «Castro Sampedro». No sexto edificio do Museo de Pontevedra.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTOU O PROXECTO REPOBLAR




PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN APROBA A CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA E A MELLORA DA SEGURIDADE DA EP TABAGÓN-ROSAL-PORTOCELO, CUN ORZAMENTO 802.000 EUROS





A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto para a construción dunha rotonda e a execución do ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo, no municipio de O Rosal.
O importe desta actuación, froito dun convenio de colaboración entre a entidade provincial e o Concello de O Rosal, ascende a 802.000 euros, que serán financiados pola Deputación a través dunha achega de 601.500 euros (o 75%) e polo propio Concello de O Rosal que asumirá os restantes 200.500 euros ( 25%).
A entidade provincial asume a licitación, dirección, execución e recepción da obra, mentres que a administración local porá a disposición os terreos necesarios para executar os traballos, de acadar a correspondente licenza municipal e de tramitar as autorizacións pertinentes ante outros organismos no caso de seres necesario.

martes, 16 de noviembre de 2010

PONTEVEDRA



PREVISIÓNS INFORMATIVAS

MÉRCORES, 17 DE NOVEMBRO

AXENDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, RAFAEL LOUZÁN

10:00 horas … Xunta de Goberno. No Pazo Provincial.

11:30 horas ... Rolda de Prensa para dar conta da Xunta de Goberno. Na Sala de Prensa do Pazo Provincial.

17:00 horas … O presidente, Rafael Louzán, asiste ó visionado previo dun fragmento da serie “Piraras” que será emitida en `prime time´ por Telecinco (varias escenas da serie foron rodadas no Castelo de Soutomaior da Deputación). No Polígono Industrial Novo Milladoiro, CINEMAR FILMS (Rúa Palmeiras, 68A, 15895, Ames, Santiago de Compostela).

20:15 horas ... O presidente da Deputación, Rafael Louzán, fai entrega dunha subvención ó Club Kayak Tudense. No Salón de Actos do Antigo Convento de Santo Domingo, en Tui.














AXENDA DOS VICEPRESIDENTES E DEPUTADOS

12:00 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, asinan un convenio de colaboración coa organización da XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas e fan entrega dunha subvención para sufragar o gastos da posta en marcha da mesma. No Pazo provincial.

19:00 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, asiste ó sorteo do Festival de Corais da Deputación de Pontevedra, correspondente as zonas de Pontevedra, Deza, Tabeirós-Terra de Montes e Zona Sur. No Pazo provincial.

20:00 horas ... A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, inaugura a exposición “Ao pé do prelo”, de Luis Seoane. No Sexto Edificio do Museo da Deputación.

20:30 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, fai entrega dunha subvención á Asociación Cultural de Familias Rurais Vista Real. Na Casa de Cultura de Corón, en Vilanova de Arousa.



lunes, 15 de noviembre de 2010

PONTEVEDRA


PREVISIÓNS INFORMATIVAS

MARTES, 16 DE NOVEMBRO

AXENDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, RAFAEL LOUZÁN

18:00 horas ... O presidente da Deputación, Rafael Louzán, participa no VII Foro de Turismo Rías Baixas. No peirao de transatlánticos do Porto de Vigo.

19:45 horas ... O presidente da Deputación, Rafael Louzán, fai entrega dunha subvención ó Club Kayak Tudense. No salón de Actos do Antigo Convento de Santo Domingo, en Tui.

20:30 horas ... O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presenta en Tui o proxecto “REPOBLAR” de acceso a Internet no rural. No salón de Actos do Antigo Convento de Santo Domingo, en Tui.

AXENDA DOS VICEPRESIDENTES E DEPUTADOS

11:30 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, ofrece unha rolda de prensa para presentar o libro-catálogo da XXXI Bienal de Pontevedra. No acto estará presente o comisario da Bienal, Santiago Olmo. Na Sala de Prensa do Pazo provincial.

12:00 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, fai entrega dun premio á Banda de Música Popular de Moaña “Airiños do Morrazo”. No Pazo provincial.

13:00 horas ... O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, presenta o III Festival de Corais Zona do Salnés. Na Casa do Concello de Ribadumia.

13:00 horas ... A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, asiste á presentación das publicacións relacionadas coa Ópera O´Mariscal. Nas instalacións do Balneario de Mondariz.

19:00 horas ... O deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, mantén unha xuntanza de traballo con Carmen González Hermo, do Club Náutico Rodeira, de Cangas.

viernes, 12 de noviembre de 2010

PONTEVEDRA

BLOGTRIP – TOUR PARA LOS BLOGGERS EN LAS RIAS BAIXAS 2010


Blog trip: VIERNES 12 noviembre a DOMINGO 14 noviembre.
FORO: “Bloggers: Os Novos Prescriptores do Turismo”: MARTES 16 noviembre.
VIERNES 12.
Llegada al aeropuerto de Peinador a las 11:00 hrs. aprox.
11:15.-Recogida en microbús y traslado a Baiona para visita a su casco histórico.
12:00-13:30.- Visita guiada a Baiona
14:00.- Llegada al Restaurante “Faro” del Hotel Talaso Atlántico de Oia para realizar el almuerzo.
16:30.- Salida hacia el Castro de Santa Tecla y seguidamente traslado a Tui para visitar su conjunto histórico con la Catedral de Santa María como referente, todo ello acompañados por una guía oficial. Posteriormente traslado a Mondariz-Balneario.
19:30.- Llegada al Hotel Balneario de Mondariz para disfrutar de sus instalaciones.
Cena y alojamiento en el Hotel Balneario (alojamiento en habitaciones superiores, desayuno buffet y acceso a todos los servicios del Palacio del Agua).
SABADO 13.
08:30.- Desayuno y check out del Balneario de Mondariz.
09:00.- Salida con destino a Pontevedra.
10:00.- Llegada a Pontevedra y visita a la Plaza de abastos para compra de productos típicos gastronómicos de las Rías Baixas para comida posterior.
11:00.- Recorrido al Casco Histórico de Pontevedra acompañados por una guía oficial.
13:00.- Visita a un molino con demostración de molienda in situ.
14:30.- Demostración de cocina en vivo y posterior degustación en Casa Videira de Bueu.
Al finalizar la comida, traslado al Hotel Los Escudos de Vigo.
Check-in en el hotel.
22:00.- Cena en el Restaurante El Timón.
Alojamiento en Hotel Los Escudos.



DOMINGO 14.
09:00.- Desayuno y check out del Hotel Los Escudos.
09:30.- Salida del Hotel Los Escudos.
10:00.- Recorrido por la costa occidental de la ría de Pontevedra, Combarro, A Lanzada hasta O Salnés acompañados de guía oficial (a la que se recogerá en Pontevedra).
11:30-12:30.-Visita a la Bodega y Pazo de Señorans con cata degustación, seguidamente, traslado al Pazo Quinteiro da Cruz para almuerzo.
13:00-14:30.-Almuerzo en el Pazo Quinteiro da Cruz.
15:00.- Retorno en el microbús al aeropuerto de Peinador y fin de viaje para los bloggers que no participan en el posterior Foro.

martes, 9 de noviembre de 2010

SANTIAGO DE COMPOSTELA

DISCURSO PARA A INTERVENCIÓN ANTE A COMISIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA DO PARLAMENTO GALEGO

Señor Presidente da Comisión, Señoras e señores deputados
Comparezo ante esta Comisión de Economía, Fazenda e Orzamentos do Parlamento Galego para informar das liñas xerais dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2011 e transmitirlles os obxectivos, as tarefas e os proxectos máis salientables que a Corporación Provincial que presido pretende levar a cabo o vindeiro ano.
Ainda que a autonomía da Administración Local está reconocida na Constitución, a miña presenza aquí responde, sobre todo, á convicción profunda e sinceira de que é precisa unha comunicación permanente e unha colaboración constante entre as distintas administracións _o Estado, a Comunidade Autónoma, as provincias e os concellos_ para xestionar axeitadamente os recursos públicos.
Unha cooperación franca e leal que debe estar, hoxe e sempre, por riba de bandeirías políticas e de posturas de partido. Non se inventou mellor xeito de entenderse que o diálogo. E por eso estou aquí: para informar e para propiciar a mutua colaboración e acordo que nos leve a todos a acadar os mellores resultados coas respectivas inversións das institucións ás que nos debemos.
Con este ánimo, paso, pois, a detallarles o Anteproxecto de Presupostos da Deputación de Pontevedra para o ano 2011:
1º.- O PUNTO DE PARTIDA para a súa elaboración tivo en conta tanto a situación actual de crise económica como as dificultades polas que atravesa a Administración Local.
Respecto da crise, baste decir que tódolos sectores se ven afectados por ela e que as súas repercusións a todos atinxe. A reducción da demanda e do consumo e os problemas para acceder ó crédito dos emprendedores e creadores de emprego, fai que moitas empresas pechen, reduzcan personal ou sobrevivan difícilmente.
As Administracións dispoñen de menos ingresos por tributos vencellados á renda, ó emprego e á actividade económica e, a pesar diso, deben seguir afrontando os gastos crecentes que xeneran os servizos públicos. E os cidadáns, no seu conxunto, ven extraordinariamente limitados os seus ingresos, as súas posibilidades de emprego e o seu consumo.
2º.- Por todo esto, a Deputación de Pontevedra elaborou o seu Anteproxecto de Presupostos tendo en conta CRITERIOS como unha forte austeridade no gasto corrente. A priorización de investimentos, transferencias e subvencións. Un esforzo extra para financiar servizos esenciais que son prestados por varias administracións locais, como consorcios varios, accións de turismo, etc.. Un plan de investimentos apelando ó crédito. O incremento das inversións produtivas. E a búsqueda de fórmulas, a través dos seus servizos e organismos autónomos, para captar novos recursos
3º.- En base ó antedito, OS DATOS DO ANTEPROXECTO DOS NOSOS PRESUPOSTOS quedan como siguen:
- O orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra e dos seus oito organismos dependentes é de 137.984.617 euros. Os citados órganos autónomos son: o IPESPO, a Escola de Canteiros, o Museo Provincial, o Patronato de Turismo, a Caixa de Anticipos, o ORAL (Organismo Autónomo de Recadación de Arbitrios Locais) e a Escola de Enfermería de Pontevedra que, de xeito impropio, mantén e financia a Deputación de Pontevedra.
- No estado de ingresos, destacan 11,2 millóns de impostos directos; 9,4 de indirectos; 2,5 de tasas; 95,9 de transferencias correntes; 2,3 de ingresos patrimoniais; ou 5,8 de transferencias de capital.
- No capítulo de gastos, sobresalen perto de 30 millóns do capítulo 1; 18,5 de bens correntes e servizos; 20,3 de transferencias correntes; ou 30 de investimentos reais.
- O aforro neto consolidado para o ano 2011 será de 35 millóns de euros.

4º.- O noso proxecto de orzamento consolidado para o ano 2011 presenta as seguintes CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS E OBXECTIVAS:
- Os ingresos consolidados correntes experimentan un crecemento de 7,4 millóns de euros.
- As tarifas das tasas e prezos públicos da Deputación e dos seus organismos autónomos non serán incrementados no ano 2011.
- Non concertaremos ningunha operación de crédito e reduciremos o endebedamento en 13 millóns.
- Os gastos correntes non crecerán senón que experimentarán unha lixeira caída (perto de 300.000 euros)
- Os investimentos caerán un 29,8% (17,7 millóns), como consecuencia da caída das transferencias doutras administracións (UE, Estado e concellos) e do feito de non endebedarnos.
- A amortización do endebedamento aumentará nun 26,3% (2,7 millóns de euros)
- E, finalmente, o aforro neto experimentará unha mellora de 5 millóns de euros (+16,89%) pasando de 29,8 millóns a 34.004.646 euros e mellorando, por tanto, a capacidade para financiar investimentos propios.
- Os investimentos máis importantes incluidos no proxecto de orzamentos para o ano 2011 son: a mellora dos 2.000 kilómetros de rede viaria provincial (13,5 millóns); investimentos e cooperación cos concellos (14,3); investimentos en edificios, instalación e equipos da Deputación e dos seus organismos autónomos (10,6) e o desenvolvemento do Proxecto Wimax Rural que universalizará o Acceso a Internet de Banda Larga para tódolos pontevedreses.

A nosa liña de traballo para o vindeiro ano continuará coa que vimos mantendo nos últimos anos e que, fundamentalmente, artellase en catro apartados: a cooperación municipal e supramunicipal; as inversións produtivas para colaborar na reactivación da economía e do emprego; a laboura cultural e social; e dotar á provincia das infraestruturas precisas para fomentar a súa competividade.

No eido da cooperación, a Deputación de Pontevedra ven realizando un esforzo extra para financiar servizos esenciais que veñen sendo prestados por varias administracións locais.
Entre outros, este é o caso da creación dun Consorcio provincial de bombeiros que aglutina, baixo un só ámbetol e con xerencia única, os catro parques esistentes en Pontevedra. Da promoción turística conxunta a través do organismo autónomo Turismo Rías Baixas. Da contratación conxunta da enerxía eléctrica de 40 concellos a un mesmo proveedor e baixo un único contrato que posibilitará un importante aforro na súa factura eléctrica. Ou da dotación de material e maquinaria ás mancomunidades de concellos da provincia.
Con este fin de cooperar cos concellos, desenvolvemos programas, cofinanciados pola UE, que supoñen a inversión de máis de 30 millóns de euros e que se orientan, sobre todo, ó Medio Ambiente. Este é o caso da instalación de numerosas depuradoras para sanear lugares e concas fluviais, dentro dos programas Deputrans, Ecoredesaneasol ou Ecologistic, que posibilitou a creación dunha Plataforma Loxística Inversa de residuos industriais para os concellos en Cambados. Ou da creación de solo industrial en varios concellos.
A maioría das nosas accións supramunicipais estaban prefixadas no noso Plan Estratéxico Provincial que aprobamos no ano 2006. Pero a situación de crise e falta de recursos obrigounos a buscar novas fórmulas para conseguir recursos e axudar ós concellos.
E, neste sentido, debo destacar a meritoria labor do ORAL que ven anticipando máis de 60 millóns de euros para anticipar a totalidade do cargo de recadación de vehículos, do IBI e do IAE ós 51 concellos da provincia que teñen delegada as súas recadacións no organismo provincial.
A través do ORAL reclamamos á Fazenda Estatal datos, en concepto de IBI, que posibilitarán 4,2 millóns para 12 concellos afectados polo paso da AP-9. Conseguimos que os parques eólicos coticen como BICES en 17 concellos. E investimos 60 millóns de euros para financiar nos concellos asuntos catastrais ó 100% coa finalidade de incrementar os padróns e a recadación municipal.

No capítulo da reactivación da economía e o emprego, o noso Plan de Investimentos (PID), dotado con 70 millóns de euros distribuidos con criterios obxectivos de poboación e territorio, está a posibilitar a realización de máis de 500 actuacións nos concellos. Un plan que da emprego a máis de 3.000 personas e tén un periodo de execución do 2010 ó 2011.
Accións como o noso Plan de Emprego ou o pago a 30 días a proveedores, empresas ou concellos, para facilitar Tesorería, teñen este mesmo sentido.
Entre as realizacións máis salientables, algunhas rematadas e outras en curso, da Deputación de Pontevedra destacan o Novo Museo de Pontevedra que supón unha inversión de 30 millóns; a construcción do polígono industrial Barro-Meis, con 2 millóns de metros cadrados e un coste de 25 millóns que serán reversibles coa venda de parcelas; a construcción do Estadio de Pasarón e de 70 campos de fútbol de herba sintética noutros tantos concellos da provincia; ou a dotación a entidades sen ánimo de lucro de 100 vehículos de transporte Citroen, de entre 6 e 17 prazas, para desenvolver as súas actividades asistenciais e sociais, sobre todo para personas con problemas de mobilidade e discapacidade.

En canto á laboura cultural e social, un plan pioneiro en Galicia, seguido por outras institucións similares, denominado , repercuteu con máis de 40.000 personas o ano pasado na economía das cinco comarcas de destino.
No eido social, foron 600 as asociacións e máis de 50.000 personas as beneficiarias de programas para a Terceira Idade (Ti tamén contas), para a muller (Pensa en ti) e para reactivar a economía e o turismo de saúde (Programa Balnearios).
Omito, por non aburrilos, outras iniciativas e servizos da Deputación de Pontevedra por ser de sobra conocidos: o Plan Cultural; a Escola de Canteiros; a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro de referencia na Península Ibérica en canto á investigación de solos e pragas; o Laboratorio de Mouriscade; Turismo Rías Baixas; ou varios centros que mantemos, sin que nos corresponda a competencia, como a cidade infantil Príncipe Felipe, que alberga, entre outras cousas, a primeira gardaría pública de Pontevedra, ou a Escola de Enfermería.

Pero non quero deixar de citar a creación de dúas infraestruturas que, ó meu xuizo, serán decisivas para fomentar a competitividade da provincia e para potenciar os seus recursos.
Unha é o proxecto de construcción de catro Pousadas .

E finalmente, debo decirlles que a nosa provincia, Pontevedra, é a primeira das de Galicia en universalizar o servizo de acceso a Internet. Tódolos cidadáns de Pontevedra, vivan onde vivan, poden conectarse hoxe á Internet a través dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra, o proxecto Repoblar (Red Pontevedra de Banda Larga Rural). O servizo posibilita, por 17 euros, dispór, en calquer lugar da provincia, de un mega de baixada e 384 kas de subida.
Este servizo, que contou coa colaboración da Xunta a través de Retegal, permite tamén a inclusión de servizos de telefonía; que a Deputación teña conexión cos concellos da provincia a través dunha Rede Privada Virtual; ou a instalación da Administración Electrónica nos concellos e na propia Deputación.
A posta en marcha de Repoblar, que tivo lugar fai quince días, posiciona á provincia de Pontevedra nunha situación de liderato no noroeste peninsular pois a moderna medida de riqueza dos pobos será a súa capacidade de acceso e uso das Novas Tecnoloxías.
Con este plan, cumprimos, por outra parte, algunha das misións fundamentais dunha deputación. Que non son outras que lograr que os cidadáns, vivan onde vivan, teñan iguais oportunidades e iguais servizos. Que estean en iguais condicións de competitividade. E que se fixe poboación e se faiga atractivo o mundo rural.
Para rematar, quero manifestar a miña gratitude por toda a colaboración que está prestando a Xunta de Galicia á Deputación de Pontevedra. Sobre todo, porque escoita as nosas demandas e propostas. E, sobre todo, porque atopamos un entendemento perfecto para os proxectos e inversións claves no desenvolvemento da provincia.
Moitas grazas e quedo á súa disposición.


Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

domingo, 7 de noviembre de 2010

SALCEDA DE CASELAS

LOUZÁN INAUGURA O CAMPO DE FÚTBOL PENEDO REDONDO, EN SALCEDA, CUN INVESTIMENTO DE DE 625.000 EUROS







O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo vicepresidente Jose Manuel Figueroa, o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, o alcalde do Concello de Salceda de Caselas, Marcos David Besada, a concelleira de Cultura e Deportes, Teresa Pérez González, o presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Parderrubias, Darío González Costas, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, o delegado en Vigo da Federación Galega de Fútbol, Enrique Gonzalez, e a deputada autonómica, Marta Varcalcel, inaugurou hoxe o Campo de Fútbol de herba sintética Penedo Redondo, en Salceda de Caselas.
A posta a punto do novo terreo requiriu un investimento total de 625.000 euros. A construción do campo supuxo un investimento de 500.000 euros, dos cales a entidade provincial asumiu o 75% (375.000 euros), deixando para en mans da casa consistorial o 25% restante (125.000 euros). A parte, a Deputación tamén se fixo cargo doutras melloras e obras menores necesarias para o correcto funcionamento das instalacións deportivas, tales como: a construción dunhas bancadas, pavimentación do entorno do campo, instalación de 50 asentos, colocación de redes perimetrais e adquisición de equipamento (dous campos de fútbol 7, un de fútbol 11, marcador electrónico, xogos de bandeirolas, asentos e bancadas para suplentes e técnicos, bandeirolas de córner, etc.). Nestas actuacións adicionais a Deputación investiu 118.000 euros.

No acto, o presidente provincial fixo fincapé na importancia de «apoiar e fomentar o deporte» xa que, explicou, «o esforzo inversor que fagamos en pro do deporte sen dúbida algunha redundará na mellora e despegue da nosa economía». Louzán, matizou que «pese ós momentos actuais de crise económica que nos tocou vivir, a Deputación vai seguir traballando arreo para que as achegas destinadas ó eido social, deportivo e cultural non se vexan reducidas».

miércoles, 3 de noviembre de 2010

PONTEVEDRA

LOUZÁN E CASTRO ANUNCIAN A SEGUNDA EDICIÓN DE QUE SORTEARÁ VALES DE COMPRA DE 3000 EUROS ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO



A iniciativa comezou onte en Forcarei e continuará en Cambados, Poio, Redondela, Valga, Porriño, Tui, Silleda, Cangas, e Caldas

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, presentaron hoxe no Pazo Provincial a segunda campaña de dinamización comercial Merca na Rúa, promovida polas entidades provincial e autonómica a través da oficina provincial de Comercio REDIC de Pontevedra.
Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas.
A iniciativa desenvolverase en 10 vilas da provincia de Pontevedra durante a que se sortearán 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para mercar nos comercios locais. Dará comezo en Forcarei do 2 ó 13 de novembro; en Cambados do 8 ó 20 de novembro; en Poio do 15 ó 27 de novembro; en Redondela do 22 de novembro ó 4 de decembro; en Valga do 29 novembro ó 11 de decembro e nos municipios de Porriño, Tui, Silleda, Cangas, e Caldas, nos que as datas están aínda por determinar.
Dinámica da actividade
En primeiro lugar publicitarase a iniciativa mediante cartelería e folletos. Paralelamente instalarase unha carpa nun lugar céntrico a modo de punto de información. Os consumidores que queiran participar deberán presentar na carpa os tickets das compras realizadas entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 18:30h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra. A outra metade será depositado nas urnas habilitadas a tal efecto na carpa da organización.
O sábado da 2ª semana en cada una das 10 vilas, celebrarase o peche da campaña durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e 2 de 300€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto.
Nava Castro recordou, que na actualidade atópase en trámite parlamentario a nova Lei de Comercio, que o propio sector cualifica de imprescindible. Sobre este respecto manifestou que “demos cumprimento a un dos nosos principais obxectivos, ter un novo instrumento normativo actualizado e eficaz que de resposta ás necesidades dos comerciantes, especialmente ó comercio de proximidade”.
Sobre este respecto Nava Castro comentou que en vista do éxito da primeira edición da campaña “Merca na Rúa” no ano 2009, nesta segunda edición duplicáronse de cinco a dez os municipios beneficiarios. Precisamente o ano pasado a iniciativa desenvolveuse en O Grove, Ponteareas, Gondomar, Pontecaldelas, e a A Estrada.
Intercambio de experiencias en Barcelona
Finalmente, a vicepresidenta, Teresa Pedrosa, realizou un balance do curso de formación no que participaron 30 xerentes dos centros comerciais abertos da provincia de Pontevedra que culminou cun intercambio de experiencias en distintas poboacións de Barcelona, lugar no que as Asociacións de Comerciantes contan cunha dilatada traxectoria profesional e de xestión e que son pioneiras na posta en marcha de diferentes tipos de iniciativas.
Pedrosa puxo de relevo a profunda implicación das asociacións cos concellos “ata o punto que en poboacións como VIC o aparcadoiro subterráneo está promovido e xestionado pola propia asociación de comerciantes” e as numerosas iniciativas que se poñen en marcha conxuntamente demandadas e promovidas dende as propias asociacións de comerciantes. Así mesmo, os servizos que dende estas organizacións se prestan aos comerciantes asociados van desde a resolución de pequenos arranxos nos locais, a limpeza de pintadas, cristais ou a retirada de publicidade das farolas, sinais e espazos públicos como é o caso do centro comercial aberto Tarrassa Centre.
A vicepresidenta tamén subliñou que nestes municipios, os concellos xestionan un censo de comercios baleiros no seu obxectivo de que a actividade comercial sexa continua e non haxa locais parados. Este rexistro, que manteñen en colaboración coas inmobiliarias, recollen datos como as dimensións, prezos dos locais etc. Precisamente, e como dato chamativo, Pedrosa comentou que algunhas entidades como os bancos están limitados á hora de instalarse nos lugares mais comerciais das vilas porque ó permanecer pechados pola tarde, entenden que non contribúen á dinamización do comercio perante a metade do día.
En definitiva, “foi un intercambio moi interesante e positivo para ambos posto que nas diferentes visitas que fixemos tamén tivemos a oportunidade de trasladarlles ás asociacións comerciais de Barcelona as novidades que se desenvolven en Pontevedra”.

martes, 2 de noviembre de 2010

O ROSAL

LOUZÁN ENTREGA SUBVENCIÓNS A DÚAS COOPERATIVAS DE O ROSAL, POR IMPORTE DE 14.000 EUROS



O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega hoxe de dúas subvencións á Sociedade Cooperativa do Pilar e ó Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño, ambas de O Rosal. As achegas, neste caso, ascenderon a máis de 14.000 euros, que as cooperativas empregarán en subsanar deficiencias e mellorar as instalacións.

A Sociedade Cooperativa do Pilar, con 39 socios procedentes de O Rosal, Tomiño e A Guarda, empregará a axuda en reformar elementos de ferraxería (portalón de entrada, bisera para cubrirse debaixo os camións…), reformar a instalación eléctrica (cambialos focos por uns de baixo consumo…), e mellorar os seus equipos informáticos.

Pola súa banda, o Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño, destinará a subvención á adquisición de material informático para a emisión de facturas, tickets, etc., para facilitar as transaccións cos seus preto de 60 socios.