domingo, 7 de noviembre de 2010

SALCEDA DE CASELAS

LOUZÁN INAUGURA O CAMPO DE FÚTBOL PENEDO REDONDO, EN SALCEDA, CUN INVESTIMENTO DE DE 625.000 EUROS







O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo vicepresidente Jose Manuel Figueroa, o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, o alcalde do Concello de Salceda de Caselas, Marcos David Besada, a concelleira de Cultura e Deportes, Teresa Pérez González, o presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Parderrubias, Darío González Costas, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, o delegado en Vigo da Federación Galega de Fútbol, Enrique Gonzalez, e a deputada autonómica, Marta Varcalcel, inaugurou hoxe o Campo de Fútbol de herba sintética Penedo Redondo, en Salceda de Caselas.
A posta a punto do novo terreo requiriu un investimento total de 625.000 euros. A construción do campo supuxo un investimento de 500.000 euros, dos cales a entidade provincial asumiu o 75% (375.000 euros), deixando para en mans da casa consistorial o 25% restante (125.000 euros). A parte, a Deputación tamén se fixo cargo doutras melloras e obras menores necesarias para o correcto funcionamento das instalacións deportivas, tales como: a construción dunhas bancadas, pavimentación do entorno do campo, instalación de 50 asentos, colocación de redes perimetrais e adquisición de equipamento (dous campos de fútbol 7, un de fútbol 11, marcador electrónico, xogos de bandeirolas, asentos e bancadas para suplentes e técnicos, bandeirolas de córner, etc.). Nestas actuacións adicionais a Deputación investiu 118.000 euros.

No acto, o presidente provincial fixo fincapé na importancia de «apoiar e fomentar o deporte» xa que, explicou, «o esforzo inversor que fagamos en pro do deporte sen dúbida algunha redundará na mellora e despegue da nosa economía». Louzán, matizou que «pese ós momentos actuais de crise económica que nos tocou vivir, a Deputación vai seguir traballando arreo para que as achegas destinadas ó eido social, deportivo e cultural non se vexan reducidas».

No hay comentarios:

Publicar un comentario