martes, 9 de noviembre de 2010

SANTIAGO DE COMPOSTELA

DISCURSO PARA A INTERVENCIÓN ANTE A COMISIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA DO PARLAMENTO GALEGO

Señor Presidente da Comisión, Señoras e señores deputados
Comparezo ante esta Comisión de Economía, Fazenda e Orzamentos do Parlamento Galego para informar das liñas xerais dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2011 e transmitirlles os obxectivos, as tarefas e os proxectos máis salientables que a Corporación Provincial que presido pretende levar a cabo o vindeiro ano.
Ainda que a autonomía da Administración Local está reconocida na Constitución, a miña presenza aquí responde, sobre todo, á convicción profunda e sinceira de que é precisa unha comunicación permanente e unha colaboración constante entre as distintas administracións _o Estado, a Comunidade Autónoma, as provincias e os concellos_ para xestionar axeitadamente os recursos públicos.
Unha cooperación franca e leal que debe estar, hoxe e sempre, por riba de bandeirías políticas e de posturas de partido. Non se inventou mellor xeito de entenderse que o diálogo. E por eso estou aquí: para informar e para propiciar a mutua colaboración e acordo que nos leve a todos a acadar os mellores resultados coas respectivas inversións das institucións ás que nos debemos.
Con este ánimo, paso, pois, a detallarles o Anteproxecto de Presupostos da Deputación de Pontevedra para o ano 2011:
1º.- O PUNTO DE PARTIDA para a súa elaboración tivo en conta tanto a situación actual de crise económica como as dificultades polas que atravesa a Administración Local.
Respecto da crise, baste decir que tódolos sectores se ven afectados por ela e que as súas repercusións a todos atinxe. A reducción da demanda e do consumo e os problemas para acceder ó crédito dos emprendedores e creadores de emprego, fai que moitas empresas pechen, reduzcan personal ou sobrevivan difícilmente.
As Administracións dispoñen de menos ingresos por tributos vencellados á renda, ó emprego e á actividade económica e, a pesar diso, deben seguir afrontando os gastos crecentes que xeneran os servizos públicos. E os cidadáns, no seu conxunto, ven extraordinariamente limitados os seus ingresos, as súas posibilidades de emprego e o seu consumo.
2º.- Por todo esto, a Deputación de Pontevedra elaborou o seu Anteproxecto de Presupostos tendo en conta CRITERIOS como unha forte austeridade no gasto corrente. A priorización de investimentos, transferencias e subvencións. Un esforzo extra para financiar servizos esenciais que son prestados por varias administracións locais, como consorcios varios, accións de turismo, etc.. Un plan de investimentos apelando ó crédito. O incremento das inversións produtivas. E a búsqueda de fórmulas, a través dos seus servizos e organismos autónomos, para captar novos recursos
3º.- En base ó antedito, OS DATOS DO ANTEPROXECTO DOS NOSOS PRESUPOSTOS quedan como siguen:
- O orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra e dos seus oito organismos dependentes é de 137.984.617 euros. Os citados órganos autónomos son: o IPESPO, a Escola de Canteiros, o Museo Provincial, o Patronato de Turismo, a Caixa de Anticipos, o ORAL (Organismo Autónomo de Recadación de Arbitrios Locais) e a Escola de Enfermería de Pontevedra que, de xeito impropio, mantén e financia a Deputación de Pontevedra.
- No estado de ingresos, destacan 11,2 millóns de impostos directos; 9,4 de indirectos; 2,5 de tasas; 95,9 de transferencias correntes; 2,3 de ingresos patrimoniais; ou 5,8 de transferencias de capital.
- No capítulo de gastos, sobresalen perto de 30 millóns do capítulo 1; 18,5 de bens correntes e servizos; 20,3 de transferencias correntes; ou 30 de investimentos reais.
- O aforro neto consolidado para o ano 2011 será de 35 millóns de euros.

4º.- O noso proxecto de orzamento consolidado para o ano 2011 presenta as seguintes CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS E OBXECTIVAS:
- Os ingresos consolidados correntes experimentan un crecemento de 7,4 millóns de euros.
- As tarifas das tasas e prezos públicos da Deputación e dos seus organismos autónomos non serán incrementados no ano 2011.
- Non concertaremos ningunha operación de crédito e reduciremos o endebedamento en 13 millóns.
- Os gastos correntes non crecerán senón que experimentarán unha lixeira caída (perto de 300.000 euros)
- Os investimentos caerán un 29,8% (17,7 millóns), como consecuencia da caída das transferencias doutras administracións (UE, Estado e concellos) e do feito de non endebedarnos.
- A amortización do endebedamento aumentará nun 26,3% (2,7 millóns de euros)
- E, finalmente, o aforro neto experimentará unha mellora de 5 millóns de euros (+16,89%) pasando de 29,8 millóns a 34.004.646 euros e mellorando, por tanto, a capacidade para financiar investimentos propios.
- Os investimentos máis importantes incluidos no proxecto de orzamentos para o ano 2011 son: a mellora dos 2.000 kilómetros de rede viaria provincial (13,5 millóns); investimentos e cooperación cos concellos (14,3); investimentos en edificios, instalación e equipos da Deputación e dos seus organismos autónomos (10,6) e o desenvolvemento do Proxecto Wimax Rural que universalizará o Acceso a Internet de Banda Larga para tódolos pontevedreses.

A nosa liña de traballo para o vindeiro ano continuará coa que vimos mantendo nos últimos anos e que, fundamentalmente, artellase en catro apartados: a cooperación municipal e supramunicipal; as inversións produtivas para colaborar na reactivación da economía e do emprego; a laboura cultural e social; e dotar á provincia das infraestruturas precisas para fomentar a súa competividade.

No eido da cooperación, a Deputación de Pontevedra ven realizando un esforzo extra para financiar servizos esenciais que veñen sendo prestados por varias administracións locais.
Entre outros, este é o caso da creación dun Consorcio provincial de bombeiros que aglutina, baixo un só ámbetol e con xerencia única, os catro parques esistentes en Pontevedra. Da promoción turística conxunta a través do organismo autónomo Turismo Rías Baixas. Da contratación conxunta da enerxía eléctrica de 40 concellos a un mesmo proveedor e baixo un único contrato que posibilitará un importante aforro na súa factura eléctrica. Ou da dotación de material e maquinaria ás mancomunidades de concellos da provincia.
Con este fin de cooperar cos concellos, desenvolvemos programas, cofinanciados pola UE, que supoñen a inversión de máis de 30 millóns de euros e que se orientan, sobre todo, ó Medio Ambiente. Este é o caso da instalación de numerosas depuradoras para sanear lugares e concas fluviais, dentro dos programas Deputrans, Ecoredesaneasol ou Ecologistic, que posibilitou a creación dunha Plataforma Loxística Inversa de residuos industriais para os concellos en Cambados. Ou da creación de solo industrial en varios concellos.
A maioría das nosas accións supramunicipais estaban prefixadas no noso Plan Estratéxico Provincial que aprobamos no ano 2006. Pero a situación de crise e falta de recursos obrigounos a buscar novas fórmulas para conseguir recursos e axudar ós concellos.
E, neste sentido, debo destacar a meritoria labor do ORAL que ven anticipando máis de 60 millóns de euros para anticipar a totalidade do cargo de recadación de vehículos, do IBI e do IAE ós 51 concellos da provincia que teñen delegada as súas recadacións no organismo provincial.
A través do ORAL reclamamos á Fazenda Estatal datos, en concepto de IBI, que posibilitarán 4,2 millóns para 12 concellos afectados polo paso da AP-9. Conseguimos que os parques eólicos coticen como BICES en 17 concellos. E investimos 60 millóns de euros para financiar nos concellos asuntos catastrais ó 100% coa finalidade de incrementar os padróns e a recadación municipal.

No capítulo da reactivación da economía e o emprego, o noso Plan de Investimentos (PID), dotado con 70 millóns de euros distribuidos con criterios obxectivos de poboación e territorio, está a posibilitar a realización de máis de 500 actuacións nos concellos. Un plan que da emprego a máis de 3.000 personas e tén un periodo de execución do 2010 ó 2011.
Accións como o noso Plan de Emprego ou o pago a 30 días a proveedores, empresas ou concellos, para facilitar Tesorería, teñen este mesmo sentido.
Entre as realizacións máis salientables, algunhas rematadas e outras en curso, da Deputación de Pontevedra destacan o Novo Museo de Pontevedra que supón unha inversión de 30 millóns; a construcción do polígono industrial Barro-Meis, con 2 millóns de metros cadrados e un coste de 25 millóns que serán reversibles coa venda de parcelas; a construcción do Estadio de Pasarón e de 70 campos de fútbol de herba sintética noutros tantos concellos da provincia; ou a dotación a entidades sen ánimo de lucro de 100 vehículos de transporte Citroen, de entre 6 e 17 prazas, para desenvolver as súas actividades asistenciais e sociais, sobre todo para personas con problemas de mobilidade e discapacidade.

En canto á laboura cultural e social, un plan pioneiro en Galicia, seguido por outras institucións similares, denominado , repercuteu con máis de 40.000 personas o ano pasado na economía das cinco comarcas de destino.
No eido social, foron 600 as asociacións e máis de 50.000 personas as beneficiarias de programas para a Terceira Idade (Ti tamén contas), para a muller (Pensa en ti) e para reactivar a economía e o turismo de saúde (Programa Balnearios).
Omito, por non aburrilos, outras iniciativas e servizos da Deputación de Pontevedra por ser de sobra conocidos: o Plan Cultural; a Escola de Canteiros; a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro de referencia na Península Ibérica en canto á investigación de solos e pragas; o Laboratorio de Mouriscade; Turismo Rías Baixas; ou varios centros que mantemos, sin que nos corresponda a competencia, como a cidade infantil Príncipe Felipe, que alberga, entre outras cousas, a primeira gardaría pública de Pontevedra, ou a Escola de Enfermería.

Pero non quero deixar de citar a creación de dúas infraestruturas que, ó meu xuizo, serán decisivas para fomentar a competitividade da provincia e para potenciar os seus recursos.
Unha é o proxecto de construcción de catro Pousadas .

E finalmente, debo decirlles que a nosa provincia, Pontevedra, é a primeira das de Galicia en universalizar o servizo de acceso a Internet. Tódolos cidadáns de Pontevedra, vivan onde vivan, poden conectarse hoxe á Internet a través dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra, o proxecto Repoblar (Red Pontevedra de Banda Larga Rural). O servizo posibilita, por 17 euros, dispór, en calquer lugar da provincia, de un mega de baixada e 384 kas de subida.
Este servizo, que contou coa colaboración da Xunta a través de Retegal, permite tamén a inclusión de servizos de telefonía; que a Deputación teña conexión cos concellos da provincia a través dunha Rede Privada Virtual; ou a instalación da Administración Electrónica nos concellos e na propia Deputación.
A posta en marcha de Repoblar, que tivo lugar fai quince días, posiciona á provincia de Pontevedra nunha situación de liderato no noroeste peninsular pois a moderna medida de riqueza dos pobos será a súa capacidade de acceso e uso das Novas Tecnoloxías.
Con este plan, cumprimos, por outra parte, algunha das misións fundamentais dunha deputación. Que non son outras que lograr que os cidadáns, vivan onde vivan, teñan iguais oportunidades e iguais servizos. Que estean en iguais condicións de competitividade. E que se fixe poboación e se faiga atractivo o mundo rural.
Para rematar, quero manifestar a miña gratitude por toda a colaboración que está prestando a Xunta de Galicia á Deputación de Pontevedra. Sobre todo, porque escoita as nosas demandas e propostas. E, sobre todo, porque atopamos un entendemento perfecto para os proxectos e inversións claves no desenvolvemento da provincia.
Moitas grazas e quedo á súa disposición.


Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario