LOUZÁN E CASTRO ANUNCIAN A SEGUNDA EDICIÓN DE QUE SORTEARÁ VALES DE COMPRA DE 3000 EUROS ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO

A iniciativa comezou onte en Forcarei e continuará en Cambados, Poio, Redondela, Valga, Porriño, Tui, Silleda, Cangas, e Caldas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, presentaron hoxe no Pazo Provincial a segunda campaña de dinamización comercial Merca na Rúa, promovida polas entidades provincial e autonómica a través da oficina provincial de Comercio REDIC de Pontevedra.
Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas.
A iniciativa desenvolverase en 10 vilas da provincia de Pontevedra durante a que se sortearán 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para mercar nos comercios locais. Dará comezo en Forcarei do 2 ó 13 de novembro; en Cambados do 8 ó 20 de novembro; en Poio do 15 ó 27 de novembro; en Redondela do 22 de novembro ó 4 de decembro; en Valga do 29 novembro ó 11 de decembro e nos municipios de Porriño, Tui, Silleda, Cangas, e Caldas, nos que as datas están aínda por determinar.
Dinámica da actividade
En primeiro lugar publicitarase a iniciativa mediante cartelería e folletos. Paralelamente instalarase unha carpa nun lugar céntrico a modo de punto de información. Os consumidores que queiran participar deberán presentar na carpa os tickets das compras realizadas entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 18:30h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra. A outra metade será depositado nas urnas habilitadas a tal efecto na carpa da organización.
O sábado da 2ª semana en cada una das 10 vilas, celebrarase o peche da campaña durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e 2 de 300€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto.
Nava Castro recordou, que na actualidade atópase en trámite parlamentario a nova Lei de Comercio, que o propio sector cualifica de imprescindible. Sobre este respecto manifestou que “demos cumprimento a un dos nosos principais obxectivos, ter un novo instrumento normativo actualizado e eficaz que de resposta ás necesidades dos comerciantes, especialmente ó comercio de proximidade”.
Sobre este respecto Nava Castro comentou que en vista do éxito da primeira edición da campaña “Merca na Rúa” no ano 2009, nesta segunda edición duplicáronse de cinco a dez os municipios beneficiarios. Precisamente o ano pasado a iniciativa desenvolveuse en O Grove, Ponteareas, Gondomar, Pontecaldelas, e a A Estrada.
Intercambio de experiencias en Barcelona
Finalmente, a vicepresidenta, Teresa Pedrosa, realizou un balance do curso de formación no que participaron 30 xerentes dos centros comerciais abertos da provincia de Pontevedra que culminou cun intercambio de experiencias en distintas poboacións de Barcelona, lugar no que as Asociacións de Comerciantes contan cunha dilatada traxectoria profesional e de xestión e que son pioneiras na posta en marcha de diferentes tipos de iniciativas.
Pedrosa puxo de relevo a profunda implicación das asociacións cos concellos “ata o punto que en poboacións como VIC o aparcadoiro subterráneo está promovido e xestionado pola propia asociación de comerciantes” e as numerosas iniciativas que se poñen en marcha conxuntamente demandadas e promovidas dende as propias asociacións de comerciantes. Así mesmo, os servizos que dende estas organizacións se prestan aos comerciantes asociados van desde a resolución de pequenos arranxos nos locais, a limpeza de pintadas, cristais ou a retirada de publicidade das farolas, sinais e espazos públicos como é o caso do centro comercial aberto Tarrassa Centre.
A vicepresidenta tamén subliñou que nestes municipios, os concellos xestionan un censo de comercios baleiros no seu obxectivo de que a actividade comercial sexa continua e non haxa locais parados. Este rexistro, que manteñen en colaboración coas inmobiliarias, recollen datos como as dimensións, prezos dos locais etc. Precisamente, e como dato chamativo, Pedrosa comentou que algunhas entidades como os bancos están limitados á hora de instalarse nos lugares mais comerciais das vilas porque ó permanecer pechados pola tarde, entenden que non contribúen á dinamización do comercio perante a metade do día.
En definitiva, “foi un intercambio moi interesante e positivo para ambos posto que nas diferentes visitas que fixemos tamén tivemos a oportunidade de trasladarlles ás asociacións comerciais de Barcelona as novidades que se desenvolven en Pontevedra”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario