lunes, 8 de noviembre de 2010

BALTAR PÍDELLE AO PARLAMENTO GALEGO QUE LEXISLE SOBRE DEPUTACIÓNS




O Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, pediulle hoxe ao Parlamento de Galicia “que lexisle de maneira construtiva sobre as Deputacións” e lembroulle que en 25 anos de historia da Cámara Galega non foi quen de definir o mapa da administración local e provincial.
Baltar Pumar dixo na sua comparecencia en comisión que o Parlamento debe lexislar sobre as deputacións para definir “que función queren que desempeñemos dentro do noso sistema de goberno local; e, dende logo, se non se define primeiro, claramente, ese papel, dificilmente se poderá proceder a unha verdadeira coordinación das deputacións. Porque para coordina-la acción dunha institución, a premisa previa é a de saber con claridade qué se espera desa institución”.

O titular da Deputación de Ourense esbozou as liñas xerais dos futuros orzamentos da súa institución, que dixo terán o vindeiro ano unha redución que nunca será inferior ao 14 por cento.

Baltar explicou que esto deberase “fundamentalmente á redución das previsións de ingresos por participación nos tributos do Estado (a nosa fonte principal de financiamento, que xa en 2010 experimentou unha forte diminución) e á conclusión no exercicio 2010 de varios proxectos con financiamento europeo, que incrementaba o volume do noso presuposto”.

O máximo responsable da Deputación de Ourense dixo que o Inorde reducirá o seu presuposto nun 10 por cento e anunciou un maior papel protagonista para Urbaourense na construcción de vivendas e chan empresarial, así como a empresa mixta de xestión do ciclo da auga Aquaourense, que xa deu beneficios no último exercicio económico e que se incrementarán no vindeiro ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario