11 de novembro: Os mozos mobilízanse contra a pena de morte
Amnistía Internacional anima aos universitarios a sinalarse contra a pena de morte
A ONG pide á comunidade universitaria que o 11 de novembro se manifesten contra a pena de morte levando un distintivo amarelo
O Grupo Universitario de Amnistía Internacional na Universidade de Vigo anima aos membros da comunidade universitaria a mostrar a súa desconformidade coa pena de morte, levando o vindeiro xoves 11 de novembro un distintivo de cor amarela.
A acción desenvolverase en universidades de todo o Estado, e con ela Amnistía Internacional pretende mobilizar aos máis novos contra a pena de morte e na defensa dos dereitos humanos en xeral.
1.200 persoas foron executadas en Estados Unidos desde que se reinstauraron as execucións no país en 1977 tras un decenio sen levar a cabo ningunha. 460 destas execucións cometéronse no Estado de Texas.
“Cambiar a situación está en man dos mozos. O próximo 11 de novembro podemos comezar a facelo mostrando a nosa desconformidade cunha pena degradante, ineficaz e totalmente incompatible con todo concepto de dignidade humana como é a pena de morte”, declarou Ismael Álvarez, voceiro de Amnistía Internacional na Uvigo.
O compoñente racial xoga un papel importante. Os estudos realizados mostran que a raza determina a quen se aplica a pena capital en Estados Unidos, pois a probabilidade de que se dite sentenza de morte por asasinato é maior cando a vítima é de raza branca que cando é de raza negra.
En 2009, en EE.UU. a cifra total de execucións foi de 52 persoas (24 en Texas) e 106 persoas foron condenadas á morte. Nove presos foron absoltos tras demostrarse a súa inocencia, polo que son xa 130 os presos absoltos desde que en 1976 se reinstaurou a pena capital, e hai 3.200 presos á espera de ser executados.
As cifras rexistradas por Amnistía Internacional no seu último informe sobre Pena de morte, Condenas á morte e Execucións 2009, indican que polo menos 714 execucións tiveron lugar durante o ano 2009 no mundo, producíndose a inmensa maioría en Irán, Iraq, Arabia Saudita e Estados Unidos. Con todo, este total non inclúe os miles de execucións que presumiblemente se consumaron en China, onde o número de execucións segue sendo un segredo de Estado, pero que diversos expertos calculan que supera as 8.000 anuais. Calcúlase que o pasado ano 2009 persoas foron condenadas á morte en 56 países. Estas cifras son estimacións mínimas; as cifras reais son, sen dúbida, moito máis elevadas.
Ademais un cidadán español, Pablo Ibar, segue nun corredor da morte de Estados Unidos, á espera de que o tribunal supremo de Florida acepte a repetición do xuízo no que foi condenado.
Por todo iso, Amnistía Internacional anima aos máis novos a loitar pola abolición da pena de morte en todo o mundo levando un distintivo amarelo o 11 de novembro para mostrar a súa oposición á pena capital.
Ademais activistas de Amnistía Internacional recollerán firmas contra a pena de morte en Texas e repartirán información da campaña o propio 11 de noviembre na Facultade de Ciencias a partir das 13:30 horas. A ONG lanzou tamén unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org.

Información adicional
Na actualidade, 139 países, é dicir, tres de cada catro, xa son abolicionistas. As evidencias de erros en moitos casos de pena de morte e a execución de persoas cuxa inocencia foi demostrada posteriormente revelan a existencia de investigacións parciais, xuízos inxustos e condenas de marcado carácter discriminatorio.
Estes graves erros contribúen a alimentar o debate sobre a pena capital en EEUU, onde 35 Estados aínda a manteñen. A opinión pública cada vez é máis consciente da existencia de condenas erróneas a pena de morte, e este feito podería ser un factor para lograr o declive do apoio público e político á Pena Capital en Estados Unidos. Coa abolición da pena de morte no estado de Novo México en marzo de 2009, son xa 15 os estados da unión que aboliron a pena capital.

No hay comentarios:
Publicar un comentario