A Real Banda de Gaitas recibirá ao Papa con música galega na Porta de Europa, á entrada de Compostela

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense recibirá o vindeiro sábado, 6 de novembro, ao Papa Benedicto XVI con música galega, que interpretará na glorieta situada nas proximidades da “Porta de Europa”, á entrada a Compostela, durante o percorrido que o Santo Pai realizará dende o aeroporto de Santiago ata a Praza do Obradoiro.
A Real Banda interpretará a obra musical “Deus fratesque Gallaecia”, unha composición orixinal do director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, inspirada no camiñar dos peregrinos, mesturando o son de cunchas de vieiras cun romance de cego, unha alborada e, como remate, unha alegre muiñeira de inspiración medieval.
Previamente, ás 10.00 horas, a Real Banda situarase no mesmo monumento da Porta de Europa para interpretar para os medios de comunicación a citada melodía orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario