O grupo chamado de goberno, que ostenta unha maioría de concelleiros na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, practica unha política errática, de grises e de sombras, de dispendios inxustificables e de mezquindade inclasificable. De non escoitar á cidadanía e de pecharse en sí mesmos, ollándose os embigos. De sair na foto e de desfacer o que outros fixeran anteriormente. De tirar para adiante, de calquer xeito, sen atender a razóns. De buscar o impacto mediático a costa dos contribuíntes e de deixar as arcas municipais exhaustas. De tiradas de foguetes de lucería, cos que se lucen, pero que os máis de 7.000 euros de custe da do pasado mes de agosto, pagarónnos os veciños.
Basta xá de zugar do teto do pobo!!!
A Guarda é unha vila a media luz. Rectificamos: Non é unha vila a media luz. É unha vila a oscuras. Fai unhas semanas un veciño da Rúa Malteses daba conta da miserenta situación que teñen que padecer por falla de mantemento do alumeado público. Dito doutro xeito, por ter que andar por esa rúa sen alumeado.
Este sábado día 6 de novembro vimos de comprobar que a Rúa Calvario, prácticamente na súa totalidade - agás no seu tramo final, correspondente a zoa onde está ubicado un coñecido restaurante - atópabase a oscuras. A Policía Local sabe que o que afirmamos é totalmente certo.
Do mesmo xeito - a oscuras - estaba a Rúa Manuel Rodríguez Sinde.
Tamén se atopaba a oscuras o primeiro tramo da Rúa Oliva.
Iso é boa proba da atención que o grupo chamado de goberno, do Concello de A Guarda, lle presta á cidadanía, os contribuíntes, os veciños, en xeral. Nin que non pagásemos impostos. Ou se cadra, tamén cabe outra lectura, que o alcalde e demáis munícipes do seu equipo, estén máis preocupados polas súas asignacións mensuais que pola calidade de vida de tódolos veciños.
O pasado venres houbo un atropelo mortal na rúa Doantes de Sangue. O alcalde e o concelleiro delegado de tráfego, teñen demostrado dabondo non ter un mínimo de dignidade para, en primeiro lugar, atender as peticións veciñais - como por exemplo ás de Antonio José Uris Alonso, socio colabourador da Asociación Stop Accidentes -, e a continuación proceder a adxudica-los traballos de dotación de pasos resaltados de peóns, adaptados a correspondente normativa en vigor, como por exemplo a Orde do Ministerio de Fomento elabourada no 2008; implantación dunha rede semafórica nas rúas de máis volume de tráfego (Avenida de Galicia, Concepción Arenal, Manuel Álvarez, ...), crear máis zoas de carga e descarga, zoas 30, etc..
No Concello de A Guarda temos un grupo chamado de goberno, de demostrados hábitos burgueses. Non hai máis que ollar como cada mañá, de luns a venres, algúns membros disfroitan a cotío dos praceres hedonistas, mesmo en horas que deberan adicar á atención os cidadáns.
O pobo guardés merece un respecto. Os cidadáns non somos un producto electoral que se utiliza cada catro anos e logo a viver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario