O INCREMENTO DO PARO VEN A CONFIRMAR O FRACASO DA REFORMA LABORAL DESENVOLVIDA POLO GOBERNO DO PSOE QUE ESQUERDA UNIDA, OS SINDICATOS E O CONXUNTO DOS TRABALLADORES REXEITAN PROFUNDAMENTE

EU RECORDA QUE É A ÚNICA FORMACIÓN POLÍTICA QUE TEN DESENVOLVIDO UN PROGRAMA MARCO ESTRATÉXICO PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA GALIZA QUE PERMITIRÍA CREAR EMPREGO DE CALIDADE
Segundo os datos publicados, Galicia alcanza un total de 223.894 persoas en desemprego o que supón un incremento do 3,61% respecto ao mes anterior, e dicir 7.799 parados e paradas máis. En relación co paro en outubro do ano anterior o aumento é de 14.971 mulleres e homes desempregados, un 7,17% máis.
No conxunto do Estado o número de parados incrementouse en 68.213 persoas, un 1,7% respecto ao mes de setembro, encadeando así tres meses á alza tras aumentar en agosto e setembro en 61.000 e 48.000 persoas, respectivamente. Este incremento do paro ven a confirmar o fracaso da reforma laboral desenvolvida polo Goberno do PSOE e rexeitada profundamente por esquerda unida, os sindicatos e o conxunto dos traballadores. Xa que logo, os datos publicados demostran que o Goberno central está a desenvolver unha política económica errática baseada en recortes sociais e na reducción de investimentos que lonxe de mellorar a situación económica do Estado, está a afundilo mais, se cabe.
Mentres, a situación en Galicia cun incremento do desemprego do 3,61% respecto ao mes anterior, a pesares das contratacións relacionadas co Xacobeo, semella ser moito máis complicada que no conxunto do Estado cuxo incremento foi do 1,7%. Esquerda Unida denuncia que Galicia duplica porcentualmente a media estatal de incremento de desemprego como consecuencia da nula capacidade da Xunta do PP para desenvolver políticas activas de emprego.
Esquerda Unida recorda que é a única formación política que dende máis dun ano ten desenvolvido un programa marco estratéxico para a recuperación económica e social de Galicia que permitiría crear emprego digno, mellorar a calidade de servizos sociais como sanidade ou ensino, dar un pulo a incorporación da muller ao mundo do traballo, ou avanzar no transporte público sostible.
Con todo, o Goberno do PP ignorou a nosa proposta, o que ven a demostrar a necesidade de que Esquerda Unida este representada no Parlamento galego para defender os intereses da clase traballadora e pular a prol do público.

No hay comentarios:
Publicar un comentario