jueves, 4 de noviembre de 2010

TOMIÑO

ESQUERDA UNIDA INSTA O GOBERNO MUNICIPAL A RETIRADA DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NAS IGREXAS E FONTES PÚBLICAS DO CONCELLO



De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de Tominho ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
¿Que sucedeu na guerra civil? A resposta é fácil, mortos, feridos, desaparecidos, etc. Non se trata de vinganza o que se pretende é conhecemento de toda a verdade.
O partido PP condenou ao Executivo, a Lei de Memoria Histórica e abriulle varios procesos ao Xuíz Garzón, etc.
Dende Esquerda Unida desexamos que se cumpra a Lei de Memoria Histórica, e que en Tominho non quede rastro dos vestixios da ditadura franquista.
Nas Igrexas de Amorín, Amorín Currás, Estás, Tominho, fonte de Figueiró, Forcadela, Taborda, etc., tenhen nas súas fachadas inscricións de nomes de caídos no bando nacional, e símbolos fascistas.

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que o Goberno de Tominho se ponha en contacto co Bispado da diócise de Tui e Vigo, que elaboren un presuposto dos gastos para eliminar ditas inscricións, símbolos nas fachadas das igrexas e fontes públicas de todo o Concello.

Tominho a 4/11/2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario